Xornalistas ingleses visitan Santiago e arredores para ver os seus xardíns e zonas verdes, como o Pazo de Oca ou o de Santa Cruz de Ribadulla

Mision_inglesesOs profesionais traballan en revistas especializadas en xardinería, onde relatarán as características florais da paisaxe dos pazos galegos

A visita forma parte dunha misión comercial inversa da xardinería e o turismo, cofinanciada polo Plan de Fomento da Exportacións Galegas (FOEXGA) e a Cámara compostelá que se desenvolverá ata o domingo-28


A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela recibiu hoxe a un grupo de tres xornalistas ingleses vinculados ao sector da xardinería e o turismo, dentro dunha misión comercial inversa cofinanciada polo Plan de Fomento da Exportacións Galegas (FOEXGA) e o órgano cameral que se desenvolverá ata o domingo-28 de marzo. Na visita ás dependencias da Cámara foron recibidos polo presidente da entidade cameral, Jesús Asorey, a secretaria xeral, Filomena Casal; o secretario xeral adxunto, Fernando Barros, e o técnico de promoción internacional, Fernando Pérez Soba.
Xornalistas ingleses visitan Santiago e arredores para ver os seus xardíns e zonas verdes, como o Pazo de Oca ou o de Santa Cruz de Ribadulla

Os profesionais traballan en revistas especializadas en xardinería, onde relatarán as características florais da paisaxe dos pazos galegos

A visita forma parte dunha misión comercial inversa da xardinería e o turismo, cofinanciada polo Plan de Fomento da Exportacións Galegas (FOEXGA) e a Cámara compostelá que se desenvolverá ata o domingo-28

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela recibiu hoxe a un grupo de tres xornalistas ingleses vinculados ao sector da xardinería e o turismo, dentro dunha misión comercial inversa cofinanciada polo Plan de Fomento da Exportacións Galegas (FOEXGA) e o órgano cameral que se desenvolverá ata o domingo-28 de marzo. Na visita ás dependencias da Cámara foron recibidos polo presidente da entidade cameral, Jesús Asorey, a secretaria xeral, Filomena Casal; o secretario xeral adxunto, Fernando Barros, e o técnico de promoción internacional, Fernando Pérez Soba.

Os xornalistas ingleses, Kathryn Hedges Bradley-Hole, Jeannine McAndrew e Paul Wagland, visitan Galicia co obxectivo de coñecer as súas paisaxes e visitar diversos xardíns característicos que conforman o exterior de moitos pazos galegos do século XVII e XVIII. Os tres xornalistas están especializados en xardinería, arquitectura rural, xardinería, flora e fauna, caza, hípica, horticultura, bricolaxe, sostibilidade e medio ambiente [inclúe perfil dos xornalistas].

Asorey agradeceu a visita dos xornalistas a Galicia e en especial a Santiago no Ano Xacobeo. Aproveitou a ocasión para resaltar o valor da planta ornamental máis galega de todas, a camelia. Ademais, explicoulles que Santiago presume de ser unha das cidades con moitos parques e zonas verdes, “un gran citurón composto por diversos espazos como o Pedroso, Alameda, zona de Galeras ou o parque de Bonaval, entre outros moitos”.

Os xornalistas confesaron ter unha boa impresión da cidade de Compostela, que a calificaron de agradable, cun ambiente de peregrinación moi especial e con xente de diversas partes do mundo, un aspecto que puideron apreciar na súa visita á Catedral.

En relación ao deseño e arquitectura dos xardíns galegos, os visitantes destacaron o seu gran parecido cos ingleses debido ao clima húmedo, algo que non lles encaixaba coa súa idea da vexetación española. Descubriron que os xardíns dos pazos son moi ricos en especies florais, con camelias de gran tamaño.

Visita guiada polo pazos

A comitiva inglesa chegou onte á Coruña, para visitar o Pazo de Mariñán (Concello de Bergondo) e o seu fabuloso xardín. Trátase dun espazo composto por formacións clásicas de xardín ornamental, hortícola e arboleda frutícola e bosque. Entre a variedade botánica do pazo atópanse as camelias antigas e dentro do arbolado monumental os plátanos, eucaliptos centenarios, cipreses de Portugal e chopos negros.

Durante o día de hoxe os tres xornalistas realizaron unha completa visita á cidade de Santiago de Compostela, comezando polo casco antigo e a catedral, diversas igrexas e conventos e demais monumentos de interese. Pola tarde, visitarán o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Concello de Vedra, A Coruña), propiedade que dispón dun xardín cun espacio botánico ornamental de contido florístico e de gran valor paisaxístico: paseos de camelias, olivos, bojes, xigantescas magnolias ou o fieito australiano, entre moitas especies. A continuación, desprazaranse ata o Pazo de Oca (Concellos de A Estrada, Pontevedra), un dos mellores exemplos de arquitectura señorial gótico. Dentro do conxunto deben distinguirse tres elementos principais: igrexa-capilla, pazo e xardíns, composto por todo tipo de árbores, camelias e tilos, nunha combinación perfecta de flora e auga.

Para mañá sábado, os xornalistas teñen programada unha visita ao Castelo de Soutomaior (Concello de Soutomaior, Pontevedra) e o seu parque. O xardín foi creado en 1870 e conta con especies exóticas como o cedro do Líbano, laranxeiras, eucaliptos, un abeto, magnolios e, naturalmente, diferentes clases de camelias.

De seguido, visitarán o Pazo da Saleta (Concello de Meis, Pontevedra) e a vila de Cambados onde vivirán a experiencia de visitar unha adega de Albariño. Rematarán a súa visita o domingo-28 cunha ruta pola cidade da Coruña (cidade histórica, centro cidade e Ensanche: paseo marítimo, Castelo de San Antón, Parque de Bens, Torre de Hércules e Parque de Méndez Núñez).

Datos xornalistas:

1.- Kathryn Bradley-Hole

•    Publicación: Country Life
•    Web: www.countrylife.co.uk
•    Periodicidad: semanal
•    Edición en papel e on-line
•    Información sobre variedade de materias relativas á vida no campo: arquitectura, xardinería, flora e fauna, caza, hípica…
•    Tirada: 36.836 exemplares
•    Primeira publicación: 1897
•    Precio: 3 euros
•    Kathryn Bradley-Hole é a editora de Country Life. Escribiu varios libros, entre eles “Lost Gardens in England” e “Villa Gardens of the Mediterranean”.


2.- Jeannine McAndrew

•    Publicación: Garden Wildlife
•    Periodicidad: Anual (maio)
•    Edición en papel
•    Información sobre xardinería e sobre como atraer especies nativas ao teu xardín
•    Primeira publicación: 2008
•    Precio: £ 7.99
•    Jeannine McAndrew é editora desta publicación e traballou previamente noutras como “Period Ideas”, “Move to the country” e “Let’s Grow Veg”.
3.- Paul Wagland (freelance)

•    Nesta ocasión traballa para a publicación “Gardens Monthly”
•    Web: www.gardensmonthly.co.uk
•    Xornalista con dez anos de experiencia especializado en xardinería, horticultura (concretamente en froitas e verduras, e técnicas de cultivo orgánico), arquitectura, bricolaxe, sostibilidade e medio ambiente.
•    Escribiu dous libros “Do it – Paths and Patios” e “Practical Allotment Projects”