A Cámara de Comercio organiza tres misións comerciais e dúas visitas a feiras dentro do seu programa de internacionalización para os próximos meses

O técnico de promoción internacional, Fernando Pérez Soba, viaxou hoxe para asistir á feira de turismo máis importante de Europa, ITB de Berlín

berlinA Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza para os próximos meses varias accións de internacionalización, onde destacan tres misións comerciais e dúas visitas a feiras. Estas accións están cofinanciadas pola Xunta de Galicia e o FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), e dentro do marco do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA).

A primeira acción desenvolverase desde hoxe e ata o 12 de marzo en Berlín. Trátase da Feira ITB da capital alemana, un encontro de empresas do sector do turismo que combina exposición comercial, exposición pública, convertendo a cita na maior convención de profesionais de todo o mundo que atrae a miles de visitantes e expositores. A esta feira, das  máis importantes  do mundo e a mellor de Europa, acudiu hoxe o técnico de promoción internacional da Cámara compostelá, Fernando Pérez Soba. A outra feira que contará con presenza da Cámara de Santiago será a do Libro de Bos Aires que se celebrará entre o 19 e o 25 de abril. É unha acción sectorial dirixida a empresas do sector editorial e artes gráficas.

Misións comerciais

A Cámara de Comercio compostelá organiza tamén tres misións comerciais plurisectoriais onde se manterán entrevistas con empresas de cada país que se visite. A primeira delas será a Exipto e Siria, entre o 17 e o 23 de abril e dirixida a empresas exportadoras e potencialmente exportadoras de bens e servizos. A segunda misión terá lugar entre o 9-15 de maio en Perú e Ecuador para emrpesas exportadoras e pontecialmente exportadoras de bens e servizos. A derradeira acción de comercio exterior celebrarase entre o 29 de maio e o 4 de xuño nos Emiratos Árabes Unidos e Quatar, dirixida a empresas exportadoras e potencialmente exportadoras de bens e servizos.

As empresas interesadas en recibir máis información sobre estas accións ou inscribirse deben facelo a través do Departamento de Promoción Internacional da Cámara de Comercio de Santiago (Tel: 981 59 68 00; Fax: 981 59 03 22; e mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).