A Cámara de Comercio de Santiago forma a empresarios no eido das redes sociais

Esta xornada gratuíta de Community Manager impartirase este xoves-12, na Asociación do Pequeño Comercio de Pobra do Caramiñalcommunity-manager

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza o próximo xoves-12 de maio, ás 21:00 horas, unha xornada gratuíta sobre Community Manager. Estrategias 2.0, en colaboración coa Asociación do Pequeño Comercio de Pobra do Caramiñal (rúa Rafael Calleja, 11- 13). A xornada estará impartida pola directiva de Identia Coaching & Formación, Nelly Rey.
Durante a xornada expoñerase a situación actual das redes sociais, procurando que o público comprenda como estas ferramentas propoñen novos paradigmas que non deben ser obviados polas empresas.

A parte central da conferencia céntrase na estratexia comercial, é dicir, que deben facer as empresas para aproveitar o potencial dos seus clientes.

O obxectivo é, que o pequeno comercio dunha comarca en auxe como a do Barbanza, valore en termos próximos, claros e concisos a utilidade, beneficios e usos das redes sociais a través de exemplos e casos. “Pretendemos que os empresarios teñan a seguridade de que se trata de ferramentas útiles e de fácil manexo” –explica Nelli Rey.