A Cámara de Comercio constituíu hoxe a xunta electoral para a renovación do pleno

O proceso electoral nas Cámaras segue o seu curso. Esta mañá constituíuse a xunta electoral, que quedou formada por

Jesús Sáenz-Diez Belín (presidente), Carmen García Méndez (vocal) e Antón Baeza Barrantes (secretario), en representación da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria; e Jacobo Bermejo Barrera (Tórculo Artes Gráficas S.A.), José Brea Dono (Autos Brea S.L.) e Manuel Ginarte Cabada (autónomo), en representación do electorado, segundo o sorteo público que se efectuou o pasado xoves, 18 de febreiro.

A xunta electoral encargarase de comprobar o cumprimento dos requisitos esixidos para a presentación de candidaturas e tamén resolverá as alegacións e reclamacións que se presenten. Lémbrase que o prazo para presentar as candidaturas finaliza o 4 de marzo.

1.- O rol do vendedor de alto rendemento

2.- Organización da actividade para o alto rendemento

3.- Desenvolvemento profesional para o alto rendemento

A xornada estará impartida por José  Manuel Gigirey, profesor nos programas d e posgrao e desenvolvemento directivo de ESADE e a Escola de Negocios de Caixanova. É Licenciado en Económicas e Empresariais, Master en Marketing e Dirección Comercial, Diplomado en estudos Empresariais, axente da Propiedade Inmobiliaria e Consultor de FIT FOR, S.L.  con máis de 25 anos de experiencia en mellorar o rendemento das redes comerciais.