Máis de 30.000 empresarios da área de Compostela elixirán o próximo 22 de abril aos novos membros do pleno da Cámara de Comercio

Un total de 30.235 electores de nove grupos empresariais da Cámara de Comercio de Santiago poderán elexir aos novos membros do seu pleno nas eleccións que se celebrarán o próximo 22 de abril, tras a convocatoria aberta onte pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Os empresarios terán que elexir a 20 representantes, que compoñerán o pleno do organismo cameral, e que saíran de distintos grupos de actividade.

Constituirase unha  xunta electoral, composta por tres persoas do electorado da Cámara e dúas do órgano tutelar (a Dirección Xeral de Comercio). As candidaturas elixibles por sufraxio do electorado presentarán escrito no rexistro da Cámara durante os próximos quince días, no horario habitual de apertura da entidade cameral. Teñen como límite de presentación ata o 4 de marzo.

Ademais dos representantes elexidos polos empresarios, as organizacións empresariais, intersectoriais e territoriais máis representantivas poderán designar aos seus candidatos para formar parte da xunta nos próximos quince días (no caso da Cámara de Santiago catro candidatos para elexir tres vogais).

As persoas electoras que queiran expresar o seu dereito ao voto por medio do correo postal deben solicitalo de maneira persoal na Cámara, tendo como data límite de solicitude o 10 de marzo.