A Cámara de Comercio de Santiago recibiu hoxe a seis empresarios de Emiratos Árabes e Qatar, que se entrevistaron con 20 empresas galegas

misin_emiratosEsta acción forma parte dunha misión comercial inversa dos sectores da alimentación, construción e automoción

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela recibiu esta mañá a un grupo de seis empresarios de Emiratos Árabes e Qatar, dentro dunha misión comercial inversa dos sectores da alimentación, construción e automoción. Trátase dunha acción de internacionalización programada dentro do Plan de Fomento de las Exportaciones Gallegas (FOEXGA), patrocinado pola Xunta de Galicia, con fondos FEDER da Unión Europea e coa colaboración da empresa Galega General Trading (firma dedicada á comercialización e representación de empresas galegas nos mercados dos países integrantes do Gulf Cooperation Council, composto por Arabia Saudita, Barein, Emiratos Árabes Unidos, Kuwait, Omán e Qatar).
Estes potenciais importadores desprazáronse ata Galicia para entrevistarse cos representantes de 20 empresas galegas. Na recepción estiveron presentes o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; a secretaria xeral, Filomena Casal; o secretario xeral adxunto, Fernando Barros; e o técnico de internacionalización de la Cámara de Comercio de Santiago, Fernando Pérez Soba.

Soba realizou unha presentación das características máis destacadas de Galicia, enfocada como unha rexión na que investir. “Galicia se encuentra inmersa en una profunda dinámica de modernización de los sectores que vertebran su economía. Con el objeto de sentar las bases que le permitan la convergencia con la Unión Europea, se está realizando un gran esfuerzo de innovación y transformación, apoyándose en los puntos fuertes y en las principales potencialidades del sector productivo regional” –apuntou Pérez Soba durante a reunión.

Ademais, Soba fixo fincapé no enfoque do comercio exterior galego, centrado en automóviles, prendas de vestir, produtos de pesca e madeira. En canto ao destino da exportación galega, Soba indicou que o primeiro punto é a Unión Europea que absorbe o 75% das ventas no exterior, con Francia, Portugal e Italia como principais clientes, e tamén en Estados Unidos e Marrocos.