Santiago acolle un foro de turismo para empresas do sector o próximo 2 de decembro

inteliturJesús Asorey, presidente da Cámara de Comercio de Santiago: “Este foro servirá para sensibilizar ás pemes da necesidade de innovar e xerará debate para que as demandas cheguen ás esferas políticas”

As Cámaras de Comercio,  xunto á Secretaría de Estado de Comercio e os fondos europeos FEDER, puxeron en marcha Intelitur para mellorar a competitividade do sector


Santiago de Compostela acollerá o próximo 2 de decembro, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o Foro Intelitur de Innovación e Turismo, un encontro deseñado para ofrecer ás empresas do sector ferramentas útiles que lles permitan manter e mellorar a súa competitividade. Foi presentado esta mañá na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela polo presidente da entidade, Jesús Asorey, e o director do Centro de Conocimiento, Inteligencia e Innovación Turística, Intelitur, do Consejo Superior de Cámaras, Antoni Costa. O Programa conta coa cofinanciación do 70%, procedente dos FEDER, Fondo Tecnológico e o 30% procedente do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, a través de Turespaña.
Segundo Asorey, este foro servirá para analizar as características do “turismo que ven”, un elemento de vital importancia dentro da economía española. Insistiu en que é necesario traballar no desenvolvemento do sector, facendo máis competitivas ás súas empresas e para que poidan ter un papel destacado na economía global.

“No caso español, as infraestruturas do sector de sol e praia son moi antigas e necesitan renovarse para competir cos mercados emerxentes. Este foro servirá para sensibilizar ás pemes do sector da necesidade de innovar e xerará debate para que estas demandas cheguen ás esferas políticas” –apuntou Asorey.

Por outra parte, Antoni Costa destacou a alta participación de empresas nos foros xa celebrados, con máis de 2.000 asistentes que manifestaron un bo grado de satisfacción coas ferramentas propostas. Ademais, Costa enumerou os obxectivos previstos polo centro entre os que destacan proporcionar ferramentas para promover a competitividade no sector, ser un instrumento de transferencia tecnolóxica entre os centros tecnolóxicos, universidades e empresas e elaborar análises de tendencias nos mercados.

“El foro creará una plataforma tecnológica para poner a disposición de las empresas las herramientas que necesiten y realizará varios observatorios: de sostenibilidad para analizar empresas y destinos turísticos, de transferencia de tecnología e innovación e investigación de mercados para que las administraciones y empresas conozcan la evolución de la oferta y la demanda” –explicó Costa.

En relación ao turismo en Galicia, Costa manifestou que na comunidade producíronse grandes progresos nos últimos anos, con datos “espectacularmente buenos”. En concreto, Costa apuntou que a ocupación media en aloxamento dalgún produto turístico galego ronda o 68%.

Novos retos para o sector turístico
O Foro Intelitur de Santiago de Compostela é o noveno encontro que se celebra en España para achegar e promover o uso do Centro de Conocimiento, Innovación e Inteligencia Turística (Intelitur).  

O sector turístico é na actualidade un dos pilares da economía mundial e española, con previsións dun crecemento do 200% nos próximos anos. A Organización Mundial del Turismo (OMT) prevé que en 2020 se alcanzarán os 1600 millóns de turistas no mundo, o que fará que case se dupliquen as chegadas que se produciron durante 2007.

Según Intelitur, nos próximos anos haberá un aumento do movemento de turistas, especialmente en produtos especializados e de alto valor engadido e a aparición de destinos emerxentes.

Para Intelitur, os retos que se presentan no turismo español e galego son:

-    O futuro do sector pasa pola constante sintonía con novas tendencias sociais e económicas
-    Os patróns de demanda e oferta tradicionais requiren unha profunda adaptación ás novas circunstancias
-    A utilización das tecnoloxías da información está producindo importantes cambios no sector e desempeñan un papel clave no proceso de transformación do turismo
-    En 2008 comezaron a detectarse os primeiros signos de debilitamento da demanda turística, provocado, en gran parte, pola contracción do gasto e a disminución do tempo de estancia dos turistas
-    Paralelamente, produciuse un forte aumento dalgúns dos principais custos operativos (prezo da enerxía, alimentos…) así como unha fortaleza do euro fronte a outras divisas
-    O turismo español, aínda que enfronta a crise económica algo mellor que outros sectores, si provocou reducción das marxes empresariais.