O viveiro empresarial da Cámara de Comercio de Santiago comeza un novo curso de charlas divulgativas e visitas con alumnos de institutos da súa demarcación cameral

viveroA iniciativa, que quere fomentar a actividade empresarial entre os máis novos, engloba dezasete visitas e dez charlas durante os meses de outubro e novembro

Mañá martes ás 11:00 horas, a charla será para os alumnos do IES A Cachada de Boiro


A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela pon en marcha un curso máis as súas charlas divulgativas en centros de ensino e as visitas guiadas ás instalacións do viveiro de empresas de Costa Vella co fin de atopar futuros emprendedores. Estas xornadas realízanse en colaboración co Fondo Social Europeo e o Ministerio de Educación dentro do programa de Xornadas de Fomento do Espírito na Escola. As charlas estarán impartidas todas elas pola secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Filomena Casal, o secretario xeral adxunto, Fernando Barros, e a responsable do Vivero, Rosa Cardeso. Estas xornadas de divulgación da cultura empresarial deron comezo o pasado venres, 15 de outubro, no colexio de Nosa Señora do Remedios de Santiago. A cita de mañá será con 42 alumnos do IES A Cachada de Boiro, ás 11:00 horas.

Con esta iniciativa, a entidade cameral quere achegar aos alumnos ao mundo empresarial, amosarlles o autoemprego como unha opción laboral  viable e explicarlles as vantaxes e inconvenientes de traballar tanto por conta propia como allea.

No groso das futuras charlas, dunha hora e media de duración, tocaranse temas básicos do universo empresarial coma o nacemento dunha empresa, as formas xurídicas que a rexen ou os recursos dos que dispón un emprendedor para levar adiante a súa proposta mercantil, entre outros.