Xornalistas suecos chegan a Galicia para coñecer os seus principais atractivos turísticos, nunha acción comercial organizada pola Cámara de Comercio de Santiago

suecosOs profesionais traballan en xornais e revistas especializadas en turismo, onde relatarán as paraxes visitadas en terras galegas

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela recibiu hoxe a un grupo de catro xornalistas suecos vinculados ao sector turístico, dentro dunha misión comercial inversa financiada polo Plan de Fomento da Exportacións Galegas (Foexga), o Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder)  e o órgano cameral que se desenvolverá ata o venres-1 de outubro. Na visita ás dependencias da Cámara foron recibidos pola secretaria xeral da Cámara de Comercio, Filomena Casal; o secretario xeral adxunto, Fernando Barros, e o técnico de promoción internacional, Fernando Pérez Soba. Tamén asistiron ao acto a representante de Turismo de Santiago (Incolsa), Flavia Ramil, e o director de comunicación e marketing da Asociación Hostelería Compostela, Aser Álvarez.
Os xornalistas (Jan Larsson, Anders Mathelein, Jörgen Ulvsgärd e Ewa Bigestans) visitan Galicia co obxectivo de coñecer os seus principais atractivos turísticos. Durante os tres días de ruta, os xornalistas nórdicos visitarán as cidades da Coruña e Santiago e as Rías Baixas, onde farán un percorrido cultural polos principais monumentos artísticos da zona. Esta tarde, ás 20:00 horas, serán recibidos polo alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, nunha recepción en Raxoi á que tamén asistirá o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey.

Datos dos xornalistas:


1.- Jan Larsson (freelance)
•    Publicación: Res Flex
•    Web: www.resflex.se
•    Periodicidad: semanal
•    Edición en papel e on-line
•    Publicación profesional de viaxes dirixida ao sector en Suecia
•    Tirada mensual: 11.000 exemplares
•    Primeira publicación: 1985

2.- Anders Mathelein (freelance)
•    Publicación: Svenska Dagbladet e RES
•    Anders Mathelein escribiu numerosas reportaxes sobre España. En 2008 gañou o Premio España de Periodismo (que concede a Oficina Española de Turismo de Estocolmo en colaboración coa Embaixada de España en Suecia) por un traballo sobre Palma de Mallorca publicado en RES
•    Svenska Dagbladet é o segundo diario matutino de Estocolmo e un dos medios máis influíntes e prestixiosos de Suecia
•    Web: www.svd.se
•    Tirada diaria: 205.000 exemplares
•    Perfil do lector: clase media-alta e ideoloxía conservadora
•    RES é unha das revistas de viaxes máis importantes de Suecia. Coida moito o deseño e diríxese fundamentalmente a persoas de ingresos medio-altos das cidades
•    Web: www.res.se
•    Periodicidade: 8 números anuais
•    Audiencia: 92.000 lectores

3.- Jörgen Ulvsgärd (xornalista e fotógrafo freelance)
•    Publicación: empresa de comunicación Sund Kommunikation/ Grayling e revista RES
•    Recentemente publicou un libro con fotografías das súas viaxes

4.- Ewa Bigestans (xornalista e etnóloga)
•    Publicación: Kulturens Värld, revista cultural
•    Web: www.kulturens-varld.se
•    Periodicidade: trimestral
•    Tirada: 10.000 exemplares

Misión a Ucrania


Ademais, a Cámara compostelá organizou a semana pasada unha misión comercial a Ucrania (21-25 de setembro). Cinco empresas galegas do sector da alimentación e produtos químicos desprazáronse a Ucrania nunha acción comercial organizada dentro do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (Foexga) que patrocina a Xunta de Galicia e que conta con apoio de fondos Feder da Unión Europea.

O grupo empresarial mantivo reunións comerciais de traballo con diversos axentes locais que resultaron moi produtivas. Este país de Europa do leste está formado por 46 millóns  de habitantes e aínda se está a recuperar dunha crise económica que xudiu en 2008. Ademais, é un país que importa netamente bens intermedios e produtos de alimentación elaborados, polo que as empresas galegas poderán obter bos resultados a medio e curto prazo.