O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago recibiu hoxe nas súas instalacións ao reitor da USC, Juan Casares Long

Visita_Vivero_reitor_USC_Juan_Casares_LongDurante a visita, os representantes das dúas institucións mantiveron conversas sobre a necesidade de fomentar a cultura emprendedora na sociedade galega

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago recibiu esta mañá ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares Long, na súa primeira visita á incubadora empresarial de Costa Vella tralo inicio do seu mandato.

 

No acto estiveron presentes o presidente da Cámara de Comercio compostelá, Jesús Asorey, acompañado pola secretaria xeral do órgano, Filomena Casal, e o secretario xeral adxunto, Fernando  Barros.

Esta visita ten como obxectivo que as dúas institucións colaboren nun futuro para desenvolver accións en prol do fomento da cultura emprendedora.

Na actualidade, o vivero da Cámara de Comercio de Santiago conta con 30 empresas, 16 con ubicación física e 14 no seu viveiro virtual. Neste último caso trátase de compañías que non precisan dun espazo físico pero necesitan unha estrutura loxística e servizos que ofrece o viveiro como atención telefónica, salas de reunións ou acceso á actividade formativa, entre outros.