A Cámara de Comercio de Santiago impartirá 81 accións formativas no segundo semestre do ano

A oferta formativa centrarase en temas de informática, contabilidade, comercio e innovación

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela presenta a súa programación de cursos para o segundo semestre deste ano. Un total de 81 actividades, entre xornadas, seminarios e cursos, conforman a programación para estes seis meses de 2010.

 

O obxectivo prioritario destes cursos é contribuír a elevar o nivel profesional do empresario e os seus colaboradores nos distintos campos do negocio e mellorar a capacidade profesional do empregado ou daquelas persoas que queiran incorporarse ao mundo laboral. Non é necesaria titulación para asistir a estes cursos, pero si certos coñecementos básicos para poder seguilos con eficacia. Aos alumnos que superen positivamente os cursos, asistindo como mínimo ao 80% das clases, outorgaráselles un diploma ou certificado.

Os cursos propoñen unha variada e interesante oferta de temas:

-       Informática e novas tecnoloxías

-       Comercio e distribución

-       Comercio Internacional

-       Contabilidade e fiscalidade

-       Emprendedores (Viveiro de Empresas)

-       Idiomas

-       Innovación

-       Medio Ambiente

-       Persoal e Recursos humanos

-       Outras xornadas en colaboración con organismos e institucións

-       Antena Local de Boiro

-       Teleformación

  1. Informática e novas tecnoloxías
  2. Comercio e distribución
  3. Comercio Internacional
  4. Contabilidade e fiscalidade
  5. Idiomas
  6. Innovación
  7. Persoal e Recursos humanos
  8. Turismo e hostalería

As inscricións pódense formalizar ata tres días antes do inicio do curso, sempre e cando existan prazas, xa que son limitadas. As cancelacións que se realicen antes de 5 días do comezo de cada curso ou seminario serán reembolsadas. [As datas e horarios, de carácter orientativo, figuran no tríptico que se xunta]. Poden dirixirse ás dependencias da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, na rúa San Pedro de Mezonzo, 44-baixo, ou a través do número de teléfono 981 59 68 00.