O viveiro da Cámara de Comercio de Santiago acolle nas súas instalacións á primeira empresa española dedicada en exclusiva ao aluguer de vehículos deportivos descapotables

cocheIncorporáronse sete empresas constituídas, en fase de proxecto no viveiro físico e no virtual que suman un total de 30 entidades rexistradas actualmente

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela incorporou as súas instalacións sete empresas: tres con ubicación física, dúas en fase de proxecto no viveiro virtual e outras dúas en fase de proxecto no viveiro físico.

Unha das incorporacións máis destacadas é Skythinking, a primeira firma dedicada en exclusiva ao aluguer de vehículos deportivos descapotables de España. A entidade (www.skythinking.com) ofrece aos seus clientes un turismo de experiencias, emocións para gozar de rutas por Galicia “con sensacións novas e pracenteiras” –destacan os seus propietarios. Esta idea de negocio tenta unir o pracer de conducir un coche descapotable coa visión das paisaxes galegas.

 

Outra das empresas que pasou a formar parte da familia viveirista é Future Solar Térmica. Trátase dunha firma de venta directa de sistemas de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria. E a terceira empresa que entrou na incubadora foi santiagodecompostela.portaldetuciudad.com, un portal web sobre a cidade de Santiago na que se ofrece aos internautas información actual na rede: noticias de actualidade, cultura, ocio ou carteleira.

Finalmente, en fase de proxecto con ubicación física entraron no viveiro unha empresas de intermediación inmobiliaria e unha consultoría; e no viveiro virtual, tamén en fase de proxecto, unha firma de servizos profesionais a través de internet e unha empresa de diseño, cálculo dimensionado e fabricación de estruturas para enerxías renovables e fachadas.

Con estas incorporacións, o viveiro cameral ten na actualidade 16 empresas de ubicación física e outras 14 entidades no viveiro virtual.