A Cámara de Comercio de Santiago ofrece unha xornada sobre os instrumentos de financiamento e garantías de cobro en colaboración co Banco Sabadell

garantiasImpartirase o martes-11 no salón de actos

A próxima semana inaugurarase un curso de comercio electrónico para aprender a comercializar produtos e servizos a través da rede

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela ofrecerá o próximo martes, 11 de xuño, unha xornada sobre os “Instrumentos de financiamento e garantías de cobro nacional e internacional”, en colaboración co Banco Sabadell. Celebrarase no salón de actos cameral (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo), entre as 9:30 e as 12:00 horas, e estará impartida polo delegado de Financiamento de Empresas da DT Noroeste en Banco Sabadell, Carlos Abad, e o director territorial de Comercio Exterior Galicia y Castilla de Banco Sabadell, Javier Balbín.

Na xornada analizaranse os diferentes produtos bancarios para o financiamento do circulante das empresas, tanto do seu negocio doméstico como de exterior, ademais das liñas ICO a nivel nacional e internacional. Os relatores explicarán tamén os adeudos directos SEPA (B2B e CORE) e o financiamento COMEX. Os asistentes que o soliciten recibirán un certificado de asistencia.

Por outra parte, a Cámara de Comercio de Santiago impartirá a partir do vindeiro luns, 10 de xuño, un curso sobre comercio electrónico e as novas canles de venda en Internet. O curso, de dezaseis horas de duración, celebrarase en horario de 20:00 a 22:00 horas ata o día 20 de xuño. O obxectivo do curso é facilitar aos asistentes coñecementos sobre os temas clave do estado actual do marketing on-line e do e-commerce. Utilizaránse múltiples recursos dixitais, simuladores e outros recursos que facilitan o aprendizaxe e a aplicación práctica dos contidos. Ao finalizar o curso, o alumno estará capacitado para coñecer as técnicas do comercio electrónico, a venda en rede e a xeración de tráfico cara as páxinas web, dominar os temas de posicionamento en web, desenvolvemento de webs de éxito, e-mail marketing e social media marketing. Ademais, os alumnos aprenderán a deseñar campañas publicitarias en Internet promocionando o seu negocio e os seus artigos e coñecerán as novas ferramentas das tendas virtuais.