A Cámara de Comercio de Santiago ofrece o próximo luns un seminario para coñecer o panorama futuro dos fondos europeos

UEA coordinadora da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico, Tamara Guirao, impartirá esta sesión dirixida a xestores de proxectos europeos

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organizará o próximo luns, 3 de xuño, un seminario de “Oportunidades de financiamento e prioridades estratéxicas en Europa para o período 2014-2020”. Esta conferencia celebrarase entre as 16:00 e as 20:00 horas nas instalacións de Formación de la Cámara e estará dirixida pola experta en relacións internacionais, asuntos europeos e coordinadora da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico, Tamara Guirao.

 

 

Os obxectivos deste seminario, de catro horas de duración, serán familiarizarse cos novos programas europeos en vigor a partir de 2014 e as súas prioridades temáticas, coñecer as novas regras de financiamento (Marco Estratéxico Común) e saber xestionar un proxecto europeo desde a identificación á presentación do informe final.

Este ano é o último de execución do presuposto europeo 2007-2013. Segundo Tamara Guirao, a causa da disensión entre Estados actualmente existe moita indertidume sobre o futuro dos fondos e programas a partir de 2014. Este curso quere definir unha serie de orientacións básicas para os xestores e futuros xestores de proxectos europeos, trazando un mapa das propostas en curso de cara ao próximo período 2014-2020, explicando os avances e as diferenzas respecto do presente período e facendo fincapié en instrumentos esenciais como a Estratexia 2020.

“No solamente cambian los fondos y programas, sino también el modo de diseñar proyectos. Los requisitos y las herramientas a tener en cuenta serán diferentes, en una perspectiva estratégica que prima la eficiencia y la eficacia”. –apuntou Tamara Guirao–, que ademais indicou a ruptura con esquemas anteriores, como “un fondo, un proxecto” e a transformación dos modelos. O curso complétase cunha perspectiva práctica, ofrecendo receitas para unha proposta aprobable e realizando un exercicio individual ou en grupos cos alumnos.