A Cámara de Comercio de Santiago manifesta a súa satisfacción pola aposta do Goberno de España pola continuidade destas institucións

leyDestaca a súa vixencia e avoga por unha lei perdurable que consolide o sistema cameral español

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela manifesta a súa satisfacción pola aposto do Goberno de España pola continuidade destas institucións empresariais, tal como fundamenta o Anteproxecto de Lei de Cámaras de Comercio recentemente presentado polo Consello de Ministros. Do texto, a entidade compostelá destaca as referencias ao criterio de utilidade pública e de vocación de servizo cara as empresas, especialmente as pemes.

“Hoxe máis ca nunca, nunha conxuntura extremadamente difícil para as empresas e o emprego, o papel das Cámaras adquire vixencia e sentido renovados como axentes dinamizadores da economía do seu territorio, promotores do emprendemento e acubilladores de emprendores nos nosos viveiros, internacionalizadores das empresas e defensa dos seus intereses xerais, así como o feito de sermos interlocutores activos das Administracións Públicas”, segundo explica a Cámara santiaguesa.

En Europa hai 2.000 rexionais e locais, ubicadas en 45 países, que posúen vinte millóns de empresas adscritas e máis de cen mil profesionais. En economías moi consolidadas e competitivas como Alemaña e Francia existe unha correlación estreita e real coas cámaras de comercio. E, segundo os países, teñen encomendadas funcións estratéxicas como a formación profesional dual, así como a xestión de infraestruturas (portos, aeroportos, autoestradas), o rexistro mercantil, ventás de patentes e os trámites de comercio exterior como certificación en orixe e legalizacións. “Son argumentos definitivos, aínda que pouco coñecidos socialmente, que dan idea do valor actual das cámaras”, segundo agrega a organización santiaguesa.

Unha vez recollidas todas as aportacións das instancias implicadas, a Cámara compostelá avoga por unha lei estable das cámaras de comercio, “perdurable e que consolide a continuidade do sistema cameral español en beneficio das empresas”, tal como sinala a declaración do Consello Superior de Cámaras de Comercio de España.