A Cámara de Comercio de Santiago presenta o luns un curso superior de coaching para entrenar a directivos e executivos na busca dun liderazgo eficiente

coachingO curso impartirase a partir do 25 de maio na Cámara de Comercio de Ourense da man da Escuela Europea de Líderes

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela colabora coa Cámara de Comercio de Ourense para organizar un Curso Superior de Especialización “Executive & Lider Coach” da Escuela Europea de Líderes, o único de estas características en Galicia que se impartirá na entidade ourensá a partir do 25 de maio e se estenderá ata o mes de decembro.

O curso presentarase o próximo luns-13 no salón de actos da Cámara compostelá entre as 19:00 e 21:00 horas. Este curso superior, de carácter práctico con 190 horas, ten como finalidade conseguir o máximo rendemento de cargos e organizacións. Está dirixido a directivos, líderes de equipos, coaches e profesionais en xeral que queiran exercer unha responsabilidade directa sobre o desenvolvemento doutras persoas e proxectos, a través dun liderazgo eficiente. A coach certificada Yolanda Villar dirixirá a presentación. “El objetivo del curso es entrenar a ejecutivos y directivos para que den su máximo potencial, ofreciendo un mayor rendimiento para las empresas. Actualmente, es esencial la comprensión de conceptos fundamentales sobre las organizaciones, la formación de habilidades y competencias, además de la implementación de sistemas de comunicación óptimos que permitan crear relaciones interpersonales de calidad” –explica Yolanda Villar–.

O coaching, considerado na actualidade como a segunda profesión con maior crecemento no mundo, experimentou un notable desenvolvemento como consecuencia da crise. Se antes era demandado por persoas ou entidades que atravesaban por un período de transición ou promoción, agora o interese enfócase cara á consecución dunha mellora do rendemento na empresa.

Centrado na realidade empresarial, o curso superior de Coaching Executivo é eminentemente práctico e o alumno estará sempre acompañado por coaches que lle axudarán a traballar de forma intensiva tarefas grupais e individuais. Para iso utilizarán presentacións, material audiovisual, casos prácticos, simulacións ou sesións reais de coaching, onde poderán aplicar os sistemas, procesos, métodos e ferramentas aprendidos. A directora de proxectos da Escuela Europea de Líderes, Elena Garrido Villanueva, coordinará o curso.