A Cámara de Comercio de Santiago informa aos empresarios das vantaxes do comercio electrónico e as redes sociais

eeO curso impartirase a semana próxima nas aulas de formación

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela inaugurará a próxima semana dous cursos formativos dirixidos a directivos e empregados de empresas da área cameral de Compostela que poderán beneficiarse de descontos de ata o 30 por cento, ao igual que as persoas en desemprego dispostas a actualizar a súa formación empresarial.

O primeiro dos cursos xirará ao redor dos recursos en Internet, vantaxes, oportunidades e negocios on-line, blogs, web 2.0 e redes sociais para empresas, co obxecto de crear, divulgar e compartindo información da túa empresa na rede. Impartirase entre os días 13 e 23 de maio, en horario de 20:00 a 22:00 horas, nas aulas de formación da entidade (rúa San Pedro de Mezonzo, 37­- baixo). O curso, de dezaseis horas de duración, estará impartido polo experto en informática Emiliano Gómez Vázquez.

O curso está dirixido a calquera persoa que por motivos de traballo ou por curiosidade esté interesada en saber desenvolverse no contorno de Internet e aprender a usar as ferramentas que actualmente están ao seu alcance. Non está enfocado a profesionais con ampla experiencia en Internet, como programadores web ou administradores de sistemas.

A pesar de partir de nivel cero para a explicación de conceptos, os alumnos deberán ter coñecementos básicos de Windows, coñecer o Explorador e o manexo de carpetas, arquivos e o rato, ademais de nocións básicas sobre a navegación e o uso do correo electrónico.

Segundo Emiliano Gómez, actualmente as empresas deben renovarse e evolucionar nos contornos web 2.0, con actitude de éxito. “Este curso naceu da necesidade actual de coñecer distintas formas de gañar diñeiro, iniciar negocios e utilizar ferramentas e recursos de Internet. As tecnoloxías informáticas actuais permiten a comunicación entre persoas de intereses similares, a compra e venda de produtos, bens e servizos como unha oportunidade de negocio” –explica o profesor–. Desde o primeiro día de curso, os participantes traballarán no contorno de Internet, desenvolverán un blog de empresa co seu foro situado en buscadores e publicitarán todos estes elementos en redes sociais.

A creatividade como factor de cambio

A seguinte actividade formativa que inaugurará a Cámara de Comercio de Santiago a semana próxima será o curso Creatividade: factor para o cambio. Comezará a impartirse o martes-14 e continuará os días 15 e 16 de maio, en horario de 18:00 a 21:00 horas no viveiro de empresas (Polígono de Costa Vella. Rúa República Checa, 40).

Este curso, de nove horas de duración, estará dirixido polas coach certificadas, expertas en talento e reorientación laboral, Aïnhoa Mallo e Beatriz Fontán, e orientado para cualquera persoa que desexe mellorar a aplicación da creatividade a súa vida persoal e laboral e especialmente indicado para empresarios, emprendedores e profesionais inmersos en procesos de cambio ou de reenfoque.

“Estamos nun cambio de época, non só en época de cambios. Neste senso, tanto as persoas como as empresas requiren novos planteamentos que lles permitan desenvolverse de maneira eficaz. Trátase de coñecer as claves da creatividade e a innovación para potenciar o talento creativo de cada un, xerar ideas e portar solucións” –indica Aïnhoa Mallo–.

Un liderazgo eficiente

Por outra parte, a Cámara de Comercio de Santiago colabora coa Cámara de Comercio de Ourense para organizar un Curso Superior de Especialización “Executive & Lider Coach” da Escuela Europea de Líderes, que impartirán na entidade ourensá a partir do 25 de maio. O curso presentarase o próximo luns-13 no salón de actos da Cámara compostelá entre as 19:00 e 21:00 horas. Este curso superior de carácter práctico ten como finalidade conseguir o máximo rendemento de cargos e organizacións. Está dirixido a directivos, líderes de equipos, coaches e profesionais en xeral que queiran exercer unha responsabilidade directa sobre o desenvolvemento doutras persoas e proxecto, a través dun liderazgo eficiente.