A Cámara de Comercio de Santiago colabora co Instituto Empresarial de Contabilidad y Economía para desenvolver en maio e xuño dous cursos prácticos de contabilidade e xestión laboral

contaImpartiranse cunha metodoloxía de ensinaza “individual, programada e interactiva”

O próximo luns-6 presentaranse estes cursos no salón de actos cameral, ás 20:15 horas

A Cámara de Comercio de Santiago presenta o próximo luns, 6 de maio, os cursos IECE: "Práctico de contabilidade e análise de balances" e "Xestión e práctica laboral (nóminas, seguros sociais e contratación laboral)”, ás 20:15 horas no salón de actos cameral (rúa San Pedro de Mezonzo, 44- baixo). O acto de presentación e os cursos estarán dirixidos polo profesor do Instituto Empresarial de Contabilidad y Economía (IECE), Alberto García.

O éxito de anteriores cursos e o respaldo da demanda actual levou ao Instituto Empresarial de Contabilidad y Economía (IECE) –en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago, o Colexio de Avogados de Santiago e Novagalicia Banco–, a impartir novamente estes cursos prácticos do 14 de maio ao 7 de xuño. Os cursos teñen como obxectivo que calquera persoa poida aprender en pouco tempo a levar corretamente a contabilidade e controlar a administración do departamento de personal, para aumentar a rendabilidade da súa empresa ou negocio. Empregaranse sistemas de entrenamento rápido, práctico e simplificado. Os dous cursos impartiranse de luns a venres, en sesión de dúas horas e media, e os alumnos estarán divididos en dous grupos de 10-12 persoas por curso. Está dirixido a grandes empresas e pemes heteroxéneas.

Segundo Alberto García, estes cursos eminentemente prácticos impartiranse cunha metodoloxía de ensinanza “individual, programada e interactiva”, onde os alumnos participan continuamente. “El secreto está en el método. En poco tiempo, los alumnos aprenden mucha materia” –explica Alberto García–. En Santiago, participaron nestes cursos anuais máis de 1.000 alumnos nos últimos anos.

Contaplus e Nomina Plus

No curso de contabilidade e análise de balances, os alumnos, sen necesidade de ter coñecementos previos da materia, aprenderán a realizar unha práctica informatizada onde organizarán, desenvolverán e pecharán a contabilidade dunha empresa a través do programa Contaplus. Na segunda parte do curso, os asistentes realizarán unha análise económica e financeira para diagnosticar a situación da empresa e tomar as decisións máis axeitadas coa finalidade de incrementar a súa rendabilidade.

En canto ao curso de xestión e práctica laboral, os alumnos partirán de cero para analizar todos os conceptos necesarios para formalizar o encabezamento do recibo de salarios. Unha vez superada a fase da cotización á Seguridade Social, os alumnos estudarán o tipo de contraprestacións a recibir e as cuantías. Nunha segunda fase do curso, os asistentes encargaranse de xestionar as incidencias de diferentes traballadores dunha empresa a través do programa informático Nomina Plus. Finalmente, o programa do curso inclúe un repaso polos dereitos e deberes derivados dos contratos admitidos pola lexislación vixente.

Estos Cursos son bonificables pola Fundación Tripartita no ámbito da aplicación da Orde TAS/2307/2007. As empresas asociadas á Cámara de Comercio de Santiago poderán beneficiarse dun desconto no prezo final dos cursos. A inscrición poderá formalizarse a partir do 7 de maio nas oficinas da Cámara de Comercio de Santiago.