O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago celebra un networking para emprendedores e empresas o próximo xoves

networkingA experta e formadora do Grupo Affines, Marisol Vázquez, impartirá un relatorio orientado a fomentar as relacións profesionais

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago (Polígono de Costa Vella. Rúa República Checa, 40) ofrece mañá xoves, 2 de maio, a sesión formativa “Concectando Empresas”, entre as 9:30 e as 11:30 horas. Trátase dunha xornada gratuíta de networ­king, impartida pola formadora e experta en xestión de equipos comerciais do Grupo Affines, Marisol Vázquez. Está organizada pola entidade empresarial AJE Santiago, en colaboración co Concello e a Cámara de Comerci de Santiago.

As empresas e emprendedores composteláns serán os protagonis­tas desta xornada, onde terán a oportunidade de ampliar a súa rede de contactos empresariais e a súa formación co obxecto de mellorar a súa xestión empresarial. Marisol Vázquez desvelará os segredos do networking, un foro empresarial deseñado para fomentar as relacións profesionais. “Estes encontros son unha gran oportunidade para compartir impresións ou vender o teu proxecto” –indicou–.

Para triunfar nestas citas, Marisol Vázquez aconsella preparar un discurso breve e atractivo, fundamentado en ideas claras e sólidas, e falar con todos os participantes. E para sacar o máximo proveito a estas entrevistas profesionais rápidas, o empresario ou emprendedor debe dispoñer de diferentes tipos de tarxetas de presentación que reflictan unha imaxe profesional axeitada, que poderá entregar ás persoas interesadas en establecer o contacto.

Ademais, Marisol Vázquez considera necesario coñecer as vantaxes das redes sociais, como LinkedIn, idóneo para relacións B2B ou bussines to bussines, Facebook para prácticas B2C ou bussines to consumer e Twitter para expertos en tecnoloxías da información.