A Cámara de Comercio de Santiago ofrece aos empresarios do Barbanza servizos de información e asesoramento empresarial

febO presidente cameral reuniuse hoxe coa Federación de Empresarios do Barbanza para establecer un acordo de colaboración

O presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, reuniuse hoxe en Boiro co titular da Federación de Empresarios do Barbanza (FEB), José Ramón Romero, e outros representantes de asociacións de empresarios da comarca como o presidente da Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal, Manuel Tomé. Á reunión asistiron tamén o secretario da FEB, Víctor Campaña, o seu homólogo cameral, Fernando Barros, e a responsable da Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio  de Santiago, Sandra Becerra. O encontro institucional serviu para establecer colaboracións futuras en materia de asesoramento empresarial.

A Cámara de Comercio de Santiago ofreceu á FEB a posibilidade de establecer unha colaboración coas asosciacións de empresarios da comarca do Barbanza,  poñendo a súa disposición os servizos de información e o asesoramento prestados pola entidade cameral co obxectivo de favorecer a consolidación, modernización, aumento da competitividade e mellora da xestión empresarial das empresas barbanzás.

A entidade cameral ofrecerá servizos de información e asesoramento xurídico, fiscal e formativo aos empresarios da comarca do Barbanza. A estes servizos, algúns de carácter gratuíto e outros cunha tarifa reducida, poderán optar as empresas que manifesten a súa vontade de asociarse á Cámara de Comercio de Santiago.