Jesús Asorey seguirá á fronte da Cámara de Comercio de Santiago coa intención de involucrarse “aínda máis” ante os cambios que se aveciñan

Pleno_da_Cmara_de_Comercio_de_SantiagoO pleno está composto por 23 membros e o comité executivo por oito representantes, que inclúen ao presidente, tres vicepresidentes, tesoureiro e tres vogais

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela celebrou hoxe o acto de constitución do pleno baixo a presidencia da directora xeral de Comercio, Nava Castro, e a presenza da secretaria xeral da entidade, Filomena Casal, e o secretario adxunto, Fernando Barros. O pleno elixiu a Jesús Asorey como presidente, quen pechou a composición do comité executivo:
Presidente                      Jesús Asorey
Vicepresidente 1º         José Evaristo Rodríguez Carracedo
Vicepresidente 2º         José Luis Rodríguez Dacal
Vicepresidente 3º         José Lorenzo Puente Cespón
Tesoureiro                     Juan José Maril Pardo
Vogais                            Delmiro Prieto, Juan C. Carneiro, Manuel Iglesias

Jesús Asorey, que leva doce anos no cargo, afronta un novo mandato coa intención de “involucrarse aínda” máis en todos os temas que afecten á cidade e á demarcación cameral, que intregran 32 concellos do sur da provincia de A Coruña. O presidente afirma que “estamos nun momento crucial para Santiago e Galicia, debido á transfornación urbanística da cidade e á chegada á nosa comunidade da alta velocidade, polo que dende a Cámara faremos un esforzo de xestión e programación para estarmos presentes en todos os foros estratéxicos e de toma de decisións”.

 

Promoción turística, seguimento das infraestruturas, apoio a emprendedores, fomento da internacionalización das empresas e mellora do plan de formación continua son os eixos sobre os que pivotará a nova andaina cameral. Asorey manifesta a súa preocupación pola promoción turística de Santiago e Galicia e demanda un plan de creación de emprego. Tamén reclama a colaboración das Administracións, organizacións empresariais e colectivos sociais na proxección de Santiago a partir de 2011: “É crucial facer unha promoción de forma consensuada entre todos, aproveitando o aniversario da consagración da Catedral e convertendo a Cidade da Cultura nun novo polo de atracción turística”.

En canto ás infraestruturas, a Cámara demanda “actuacións inmediatas” de conexión co monte Gaiás, estender unha liña férrea ata a comarca do Barbanza para as mercadorías, e reforzar a terminal de Lavacolla con novas liñas e frecuencias de forma estable. Igualmente expresa a súa “fundada preocupación” polo proxecto de creación dunha cidade do audiovisual e polo desenvolvemento do polígono industrial de A Sionlla “a prezos razoables”, pide unha “necesaria ampliación” do Palacio de Congresos e insta aos poderes públicos a converter a Feira de Amio nunha feira de mostras e salóns profesionais.

Asorey destaca que no momento actual “é prioritaria unha maior internacionalización das nosas empresas, ademais de apostármonos decididamente polos emprendedores co proxecto que temos do novo viveiro, que suporá un investimento de 1,5 millóns de euros”. A formación continua, de calidade e “en permanente adaptación aos novos escenarios e demandas laborais e empresariais”, tamén figura entre os obxectivos da institución. Igualmente, a Cámara expresa a súa vontade de “intensificar” a súa relación e cooperación coa Universidade de Santiago “dando corpo a novas ideas e traballos”, segundo subliña.

Composición do novo pleno cameral

O pleno está composto por 23 membros:

Mármoles Alende S.L.

José L. Rodríguez Dacal

Cartonajes Compostela S.L.

Grupo Forma, Diseño y Construcción SL

Alcomte Galicia Misturas Obras

Exclusivas Centauro S.L.

Dado Dadá S.L.

Hotel Restaurante O Pino S.L.,

Eloy Gesto Ferreiro

Casa Santos S.C.

Hostal Residencia Mexico S.L.

Jesús Asorey Carril

Jesús Pena Duarte

J. Evaristo R. Carracedo S.L.

Sarela S.L.

Federación Gallega Síndrome de Down

Tiendas de Conveniencia S.A.

Asociación Provincial Hospedaje

Yáñez S.L.

Mª José García Gómez

Juan Carlos Carneiro Caneda

Javier Orviz González

José Chaves Vites