A Cámara de Comercio celebra o éxito da pel e curtido galegos na feira de Hong Kong, onde as empresas participantes conseguiron un pedido valorado nun millón de euros

hong_kongA Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela coordinou a participación de oito empresas galegas de Santiago e Ourense nas feiras internacionais Hong Kong APLF. Fashion Access e MM&T sobre produtos de curtido do coiro e pel confeccionada que se celebrou a semana pasada na cidade chinesa. O encontro estivo enmarcado no Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), patrocinado pola Consellería de Economía e Industria con fondos FEDER, en colaboración coas Cámaras de Comercio galegas.

Ao regreso do encontro empresarial, as empresas galegas participantes mostraron a súa gran satisfacción polos resultados alcanzados, onde se evidenciou o alto nivel competitivo de industria galega do curtido, loitando en calidade e acabados nun dos maiores mercados do mundo.

Non só China, tamén India, Tailandia, Corea e mercados da Unión Europea amosáronse moi receptivos cos produtos galegos, alcanzando un significativo volume de pedidos, que rozou o millón de euros. “O resultado confirmaría o ascenso continuado das exportacións galegas deste sector que multiplicou por sete os seus volumes nos últimos tres años, alcanzando a cifra de 3,6 millóns de euros” – manifestou o técnico de internacionalización da Cámara de Comercio de Santiago, Fernando Pérez-Soba.