A Cámara de Comercio de Santiago ensinará aos autónomos a realizar a súa declaracións da renda

agencia_tributariaO curso comezará a impartirse o próximo martes, 2 de abril

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza a partir da semana próxima o curso “Imposto sobre a renda de persoas físicas (IRPF)”. Impartirase nas aulas formativas da Cámara de Comercio de Santiago dos días 2 ao 5 de abril, en horario de 19:00 a 22:00 horas, a cargo das asesoras Ana Barreiro e Begoña Costa, da empresa C&B Asociados.

O obxectivo que se persegue no curso é que ao finalizalo os alumnos teñan uns  coñecementos que lles permitan ter un control a fondo do IRPF. Está dirixido a calquera persoa que queira adquirir os coñecementos necesarios para a elaboración da declaración do IRPF, en especial para os profesionais e empresarios que estén dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

O curso ten unha orientación eminentemente práctica. Realizaranse supostos durante o temario ata concluír coa realización dun caso práctico final utilizando o programa informático Padre 2009 para elaborar unha declaración da renda.

A parte teórica do curso estará enfocada a explicar o imposto e a súa tributación, o rendemento do traballo e do capital de imputación de rendas, os rendementos do capital mobiliario e das actividades económicas, as ganancias e perdas patrimonias, a base liquidable e a cuota íntegra, as retencións e a cuota diferencial e a obrida de declarar.