Portugal suprime as guías de circulación para vehículos profesionais

guiaA Cámara de Comercio de Santiago informa que o Gobierno portugués, a través da súa autoridade tributaria e aduaneira, emitiu unha circular informando da fin da esixencia para os vehículos profesionais e de autónomos procedentes doutros estados membros da Unión Europea da tenencia dunha Guía de circulación. Pola contra, esta obriga permanecería por exemplo para os cidadáns portugueses, traballadores por conta allea que se desprazaran por Portugal con vehículos de empresas españolas.

A Cámara de Comercio de Santiago amosa a súa satisfacción pola supresión desta traba á libre circulación dos vehículos profesionais en Portugal, que xerou moitos inconvenientes e multas. Ante esta situación, a Cámara de Comercio chegou a ofrecer o servizo de tramitación das guías para as empresas da demarcación e xestionar coas aduanas portuguesas as queixas pertinentes. A reacción do Gobierno portugués foi moi satisfactoria e correspóndese coas xestións levadas a cabo polas Cámaras de Comercio galegas.