A riqueza termal de Galicia atraería a usuarios doutros países se os tratamentos que se aplican nos balnearios estivesen recoñecidos polo Sergas

clausura_webAproveitaríanse da existencia dunha Directiva europea de asistencia sanitaria transfronteiriza

Galicia ten o 15% dos mananciais de auga mineirmedicinal, o 18% dos balnearios e o 10% das plantas de envasado de auga de España

O curso da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia clausúrase esta tarde. Será ás 18:30 horas, na aula 4 do edificio docente Roberto Novoa Santos, anexo ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ao acto asistirá o director da Cátedra e decano da Facultade de Medicina da USC, o doutor Juan Gestal Otero; xunto coa directora médico dos balnearios de Caldaria Termal e coordinadora docente desta iniciativa, Dolores Fernández Marcos. Acudirán ademais varios directores médicos de diferentes establecementos termais da comunidade.

Ler máis: A riqueza termal de Galicia atraería a usuarios doutros países se os tratamentos que se aplican...

En Galicia a maioría dos usuarios do Programa de Termalismo Social do Imserso son mulleres de entre 65 e 75 anos, que padecen artrose ou artrite

maiores_webNesta iniciativa participan 17 balnearios galegos, 6 da provincia de Pontevedra, 5 de Ourense, 4 de Lugo e 2 da Coruña

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia organiza esta tarde unha conferencia centrada no Programa de Termalismo Social do Imserso. O encargado de impartila será o doutor Santiago Reinoso Hermida, que posúe unha longa traxectoria como facultativo en diferentes balnearios da comunidade. Celebrarase na aula 4 do edificio docente Roberto Novoa Santos, a partir das 18:30 horas.

Ler máis: En Galicia a maioría dos usuarios do Programa de Termalismo Social do Imserso son mulleres de...

Investigadores galegos logran mellorar a psoríase con peloides termais, un produto natural máis económico que os tratamentos convencionais e sen efectos secundarios

peloides_webColaboran con balnearios de Galicia, España e Portugal na elaboración destes produtos, tamén indicados para lesións deportivas

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia organiza esta tarde unha conferencia centrada na aplicación dos peloides termais. A investigadora da Universidade de Vigo Lourdes Mourelle abordará, no edificio docente Roberto Novoa Santos, o valor terapéutico destes produtos naturais.

Ler máis: Investigadores galegos logran mellorar a psoríase con peloides termais, un produto natural máis...

En Galicia xa se empregaban as augas mineiromedicinais con fins terapéuticos antes da chegada dos romanos, en baños e saunas

doctor_carroNa actualidade os tratamentos termais poden ser máis efectivos que os farmacolóxicos para abordar doenzas crónicas, e sen efectos secundarios

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia organiza esta tarde unha conferencia centrada na evolución histórica do termalismo na comunidade galega. O encargado de impartila será o doutor José Carro Otero, presidente da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e profesor da USC. Celebrarase na aula 4 do edificio docente Roberto Novoa Santos, a partir das 18:30 horas.

Ler máis: En Galicia xa se empregaban as augas mineiromedicinais con fins terapéuticos antes da chegada dos...

Expertos médicos aseguran que as persoas con problemas de mobilidade logran unha rehabilitación moito máis rápida cos tratamentos termais

aplicaciones_webDestacan que as augas mineiromedicinais favorecen o movemento das articulacións, melloran a musculatura e a circulación

A Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia celebra esta tarde, no edificio docente Roberto Novoa Santos da USC, unha nova sesión dirixida a futuros facultativos. Marta Arribas, directora médico do balneario Isla de La Toja, abordará as principais aplicacións clínicas da balneoterapia.

Ler máis: Expertos médicos aseguran que as persoas con problemas de mobilidade logran unha rehabilitación...