Galicia é unha das comunidades con maior riqueza de augas minerais, segundo a presidenta da Federación Europea de Augas Envasadas

acto_catedra_webEn España existen máis de cen tipos distintos de augas minerais naturais, que non precisan ningún tratamento químico de desinfección para o seu consumo

Esta tarde inaugurouse en Santiago o curso académico da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia

O curso da Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia inaugurouse esta tarde no edificio docente Roberto Novoa Santos da Universidade de Santiago. Ao acto asistiron o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Manuel Antonio Varela Rey; o director da Cátedra e decano da Facultade de Medicina da USC, o doutor Juan Gestal Otero; o presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, o doutor José Carro Otero; e o presidente da Asociación de Balnearios de Galicia, Rafael Luaña de la Viña.

A Cátedra dedica este curso académico á figura do profesor Antonio Casares Rodríguez, con motivo do 200 aniversario do seu nacemento. Así, o codirector da Cátedra, o doutor Luís Rodríguez Míguez, centrou a conferencia inaugural nas aportacións do profesor á hidroloxía médica.

A primeira lección do curso impartiuna a secretaria xeral da Asociación Nacional de Empresas de Augas de Bebida Envasadas -ANEABE-, Irene Zafra Moreno. A tamén presidenta da Federación Europea de Augas Envasadas referiuse ás augas minerais naturais como un produto alimentario singular de orixe balnearia.

Das farmacias ás tendas de alimentación

Durante a súa intervención, Irene Zafra destacou que a industria das augas envasadas ten a súa orixe na actividade balnearia. Nesta liña, sinalou que, “históricamente ya se apreciaban las singularidades y efectos beneficiosos para el organismo de estas aguas. Los antiguos griegos y el imperio romano ya reconocían que las aguas minerales eran diferentes del resto de aguas y que tenían propiedades saludables. Y los visitantes de los centros termales fueron quienes dieron lugar a su comercialización, al querer beneficiarse también en sus casas de las propiedades de estas aguas tan singulares”.

Tal como expuxo Irene Zafra, as augas minerais comezaron a envasarse e a comercializarse primeiro nas farmacias coa denominación de “mineiromedicinal” e, nos anos cincuenta, nas tendas de alimentación debido ao incremento da demanda dos consumidores.

A auga mineral natural é sempre de orixe subterránea e envásase tal como está na natureza

“Las aguas minerales naturales tienen unas características únicas que las hacen diferentes del resto de aguas. Así, el agua mineral natural es siempre de origen subterráneo y se envasa tal cual está en la naturaleza, llegando a nosotros con todas sus propiedades saludables. Es, por tanto, un agua pura y sana desde su origen que no necesita ni recibe ningún tipo de tratamiento químico de desinfección para su consumo” -resaltou Zafra-.

A secretaria xeral da Asociación Nacional de Empresas de Augas de Bebida Envasadas indicou que, dependendo da zona xeolóxica na que se atope cada manancial, as augas adquiren de forma natural unha composición mineral que se mantén invariable. “Esto permite a los consumidores elegir el agua mineral que más se ajuste a sus gustos y necesidades entre los más de cien tipos distintos de aguas minerales españolas que existen” -afirmou-.

Zafra puxo de manifesto que Galicia, que conta con 21 balnearios e 9 plantas de envasado de auga mineral natural, “es un escenario que representa muy bien esa gran riqueza de aguas minerales y su vínculo con la tradición balnearia y termal. Esto hace que su relación haya sido siempre muy cercana con el sector de las aguas envasadas, que contribuye a la generación de empleo en zonas rurales gallegas sin tejido industrial”.

A formación dos futuros médicos en hidroloxía termal

Durante o evento, o presidente da Asociación de Balnearios de Galicia, Rafael Luaña de la Viña, puxo de manifesto que “a acción salutífera dos balnearios contribúe a mellorar a calidade de vida dos termalistas”. Nesta liña, subliñou a importancia de que as vindeiras promocións de médicos saian da facultade coñecendo o valor das augas minerais, para que tratamentos se pode prescribir cada tipo de auga e, ademais, que cada balneario ten unha especialidade intimamente relacionada coa composición das súas augas minerais.

Luaña resaltou o peso actual da hidroloxía médica, pois -tal como indicou- “o envellecemento da poboación, o predominio das enfermidades crónicas e a vida estresante da sociedade fan que o termalismo deixara de concibirse como unha actividade exclusiva para a terceira idade. “Para poder conseguir unha boa calidade de vida na vellez é preciso comezar a coidarse e gozar das augas minerais na xuventude” -declarou-.