A Asociación de Balnearios de Galicia reúnese co Imserso

reunion_imserso_webA Xunta Directiva da Asociación de Balnearios de Galicia reuniuse este martes, 4 de xuño, en Madrid cos responsables do Programa de Vacacións e Termalismo Social do Imserso. Na xuntanza abordaron a evolución do programa deste ano e perfilaron a que será a vindeira edición de 2014. En Galicia participan nesta iniciativa 17 balnearios integrados na Asociación. A comunidade galega ofrece un total de 17.700 prazas no seus balnearios no marco deste programa de termalismo social.