- Detalles
-
Categoría: Balneario de Cuntis
-
Published: Mércores, 09 Xullo 2014 12:07
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 673
A cafetería do hotel acolle durante todo o mes de xullo unha ducia de pinturas sobre a vila termal
Dous dos autores destacan o alto nivel destas obras que plasman a natureza e a arquitectura
A cafetería do Hotel La Virgen do Balneario de Cuntis expón durante o mes de xullo unha mostra pictórica de doce obras sobre a vila termal, realizadas con acuarela e acrílico, fundamentalmente. O pasado 17 de maio Cuntis celebrou o primeiro certame de pintura rápida ao aire libre que congregou un total de 34 pintores chegados de toda Galicia e mesmo de Euskadi e Portugal. Dende as 11:00 ás 18:00 horas os artistas recrearon nas súas obras os recunchos máis emblemáticos da vila. O segundo premio do concurso, valorado en 700 euros, foi outorgado polo Balneario de Cuntis que agora acolle nas súas instalacións unha ducia destas obras.
Ler máis: Pintores afeccionados no Balneario de Cuntis
- Detalles
-
Categoría: Balneario de Cuntis
-
Published: Xoves, 05 Xuño 2014 07:22
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 474
Desde os 18 anos viuse obrigada a facer fronte a reaccións crueis, superar discriminacións e tivo que planear a súa vida dende outro punto de vista: “Aínda que todos somos diferentes, temos dereito a vivir en igualdade de condicións. É inxusto que alguén teña que vivir con 300 €”
O Balneario de Cuntis acolle mañá venres, 6 de xuño, ás 17:30 horas, unha charla sobre discapacidade e igualdade impartida pola presidenta de Avanzar, a Asociación de Persoas Discapacitadas do Umia-Ulla. María Jesús Maquieira padece acondroplasia, un trastorno xenético relacionado co enanismo e que afecta ao seu crecemento óseo. Maquieira falará desta enfermidade que padece de nacemento e dará a coñecer outros tipos de discapacidades existentes: físicas, intelectuais ou sensoriais.
Ler máis: O Balneario de Cuntis acolle mañá venres unha charla sobre persoas con discapacidade impartida...