- Detalles
-
Categoría: Balneario de Cuntis
-
Published: Luns, 25 Agosto 2014 10:43
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 613
732 participantes encheron rúas e prazas nunha tarde festiva e sen incidencias
Na carreira popular, celebrada onte domingo na vila termal, entregáronse 170 premios distribuídos en catorce categorías
Isabel Sáez Batallán, con 44’ 56”, gañou a proba absoluta feminina e Elías Salvador Domínguez, con 34’ 02”, a masculina
O Balneario de Cuntis colaborou co Concello na trixésimo quinta edición do Maratón San Antón. A proba, organizada polo Club de Atletismo cuntiense tivo lugar este domingo pola contorna da vila termal e reuniu un total de 732 participantes, tanto profesionais coma afeccionados, que se distribuíron nas catorce categorías establecidas. Os primeiros clasificados recibiron cadanseus trofeos e o balneario, máximo patrocinador do evento, repartiu numerosos galardóns a tódolos participantes.
Ler máis: Novo éxito do Maratón de Cuntis, coa destacada colaboración do balneario da localidade
- Detalles
-
Categoría: Balneario de Cuntis
-
Published: Venres, 08 Agosto 2014 12:49
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 589
O Balneario da vila e o Concello colaboran na organización dun percorrido de 36 km de dificultade media-alta
O club ciclista, coordinador da proba, estreará equipamento patrocinado polo centro termal
O Balneario de Cuntis colabora co Concello na cuarta edición da ruta en bicicleta de montaña que terá lugar este domingo. O Club de Montaña Xesteiras é o responsable técnico desta marcha social –sen carácter competitivo– na que xa se inscribiron unhas 500 persoas. “Veñen de toda Galicia e mesmo de León, Zaragoza ou Logroño”, indica o tesoureiro do club Jorge Abal, quen explica que o éxito de participación “pode deberse ao espectacular boom que actualmente está vivindo a bici de montaña”.
Ler máis: Uns 500 ciclistas participarán este domingo na IV Ruta BTT do Club de Montaña Xesteiras de Cuntis