O Balneario de Cuntis acolle unha exposición de modelismo naval composta por dezasete pezas de madeira

O artesán vigués José Luis Loureiro constrúe réplicas de bateeiros, barcos de guerra, pesqueiros ou galeóns 

“É un traballo moi complexo pero é algo que me entusiasma e moitas veces perdo a noción do tempo”

A cafetería do Hotel La Virgen do Balneario de Cuntis inaugurou esta semana unha exposición de modelismo naval que se poderá visitar durante todo o mes de marzo. A colección está composta por dezasete pezas fabricadas polo vigués José Luis Loureiro. 

Ler máis: O Balneario de Cuntis acolle unha exposición de modelismo naval composta por dezasete pezas de...

Un cento de parellas celebrarán San Valentín esta fin de semana no Balneario de Cuntis

Os namorados poderán gozar dunha cea-baile que terá lugar o sábado e obterán descontos no aloxamento

As reservas poden realizarse a través do teléfono 986 53 25 25 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O Balneario de Cuntis acolle esta fin de semana a un cento de parellas para celebrar San Valentín. Os namorados gozarán dun tempo inesquecible nun complexo único, rodeado de natureza e encanto.

Ler máis: Un cento de parellas celebrarán San Valentín esta fin de semana no Balneario de Cuntis

Unha vintena de persoas con diversas discapacidades benefíciase da calidade das augas no Balneario de Cuntis

Membros do colectivo Avanzar gozan das terapias acuáticas durante esta semana

A súa presidenta,  Mª Jesús Maquieira, asegura que lles facilita a relaxación, mellora a súa circulación e axúdaos a descansar

O Balneario de Cuntis acolle estes días a visita de membros de Avanzar, a Asociación de Persoas Discapacitadas do Umia-Ulla. Son un grupo de 22 socios que sofre algún tipo de discapacidade física ou intelectual e que durante esta semana participan nun programa de mantemento de saúde financiado pola Deputación de Pontevedra e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami).

Ler máis: Unha vintena de persoas con diversas discapacidades benefíciase da calidade das augas no Balneario...

Un Papá Noel do Balneario de Cuntis visitou hoxe a escola infantil do Hospital Clínico de Santiago para agasallar os nenos con libros dos Bolechas

A empresa termal está a repartir arredor de 1.500 exemplares da publicación dos televisivos personaxes polos centros educativos da provincia de Pontevedra

O Balneario de Cuntis reparte estes días arredor de 1.500 exemplares do libro “Os Bolechas van ao Balneario de Cuntis” por preto de catrocentos centros da provincia de Pontevedra, entre colexios, bibliotecas e aulas socioculturais. Esta mañá tamén visitaron a Escola Infantil do Hospital Clínico Universitario de Santiago, que dirixe Ruth Gómez, coa presenza dun Papá Noel que fixo sorrir ás nenas e nenos hospitalizados, ao tempo que lles entregaba os agasallos como anticipo do Nadal.

Ler máis: Un Papá Noel do Balneario de Cuntis visitou hoxe a escola infantil do Hospital Clínico de Santiago...

Unha vintena de obras da pintora ourensá Mónica Mon decoran o Balneario de Cuntis

Optimismo e enerxía caracterizan unha colección de pinturas inspirada nas súas viaxes por todo o mundo 

“Ter viaxado tanto permitiume aprender a construír as miñas propias obras con tecidos que non se atopan en España”

A cafetería do Hotel La Virgen do Balneario de Cuntis expón durante todo o mes de novembro unha exposición de vinte pinturas da ourensá Mónica Mon. Baixo o título de Memorias de la India, a artista plasma nos seus lenzos a esencia e as súas experiencias vividas no país hindú. Esta colección foi o seu recente debut como pintora e en pouco máis de catro meses vendeu a metade do proxecto.

Ler máis: Unha vintena de obras da pintora ourensá Mónica Mon decoran o Balneario de Cuntis