- Detalles
-
Categoría: Balneario de Cuntis
-
Published: Martes, 02 Xuño 2015 10:54
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 586
José Manuel Pazos, campión galego da Copa Driver en 2007, agradece o apoio e recoñece que sen el non podería competir
Está a prepararse para o Rally Sur do Condado, que se celebrará en Salvaterra de Miño os días 11 e 12 de xullo
O Balneario de Cuntis volve dar o seu apoio unha temporada máis ao equipo de rally Mieres Competición. Un dos pilotos desta escudaría formada por dez amantes da velocidade é o local José Manuel Pazos, quen recoñece que esta disciplina é “carísima” e sen o apoio dos patrocinadores non poderían competir.
Ler máis: O Balneario de Cuntis patrocina unha temporada máis ao equipo de rally Mieres Competición
- Detalles
-
Categoría: Balneario de Cuntis
-
Published: Luns, 04 Mai 2015 16:24
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 471
Esta disciplina combina o trekking, a bicicleta de montaña, o kayak, o barranquismo e a orientación
A presentación desta cita deportiva tivo lugar hoxe luns no balneario cuntiense
Asistiron o secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o alcalde Cuntis, Antonio Pena, a deputada provincial de Deportes, Begoña Estévez, o director técnico do equipo organizador, Pablo López, e o presidente da Federación Galega de Orientación, Alberto Arufe
O Balneario de Cuntis acolleu hoxe a presentación da Raid Gallaecia Expedition Race 2015, unha das nove probas das series mundiais desta disciplina que combina o trekking, a bicicleta de montaña, o kayak, o barranquismo e a orientación. Ao acto, organizado polo Club Gallaecia Raid, asistiron o secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o alcalde Cuntis, Antonio Pena, a deputada provincial de Deportes, Begoña Estévez, o director técnico do equipo organizador, Pablo López, e o presidente da Federación Galega de Orientación, Alberto Arufe.
Ler máis: Cuntis será o punto de partida, o martes 12, dunha proba mundial de raid de aventura que rematará...