Máis dun cento de persoas acudirán á cea-baile da Festa da Belle Époque que se celebra este sábado no Balneario de Cuntis

Durante todo o día haberá mercado, teatro, xogos e actuacións musicais no casco histórico da vila cuntiense

As reservas aínda poden realizarse a través do teléfono 620 589 396 ou acudindo ao balneario

O Balneario de Cuntis acolle este sábado a cea-baile da cuarta edición da Festa da Belle Époque. A día de hoxe xa hai apuntadas unhas oitenta persoas pero agárdase superar as cen inscricións, tal como aconteceu en anos anteriores.

Ler máis: Máis dun cento de persoas acudirán á cea-baile da Festa da Belle Époque que se celebra este sábado...

Unha ducia de nenos trataron as súas enfermidades respiratorias no Balneario de Cuntis

Sometéronse a sesións con inhaladores, aerosois de auga termal, nebulizadores e duchas nasais

Tras once días de tratamento conseguen aliviar os síntomas e diminuír o consumo de medicamentos

O Balneario de Cuntis puxo en marcha, unha vez máis, un programa dirixido a tratar enfermidades respiratorias entre o público infantil. Ao longo de once días unha ducia de rapaces de entre 5 e 16 anos sometéronse a distintos tratamentos para paliar os síntomas das súas doenzas.

Ler máis: Unha ducia de nenos trataron as súas enfermidades respiratorias no Balneario de Cuntis

O XXXVI Maratón San Antón Gran Premio Termas de Cuntis reuniu un total de 212 rapaces na tarde do domingo

Acudiron corredores da Estrada, Caldas, Padrón, Santiago ou Porriño pero o setenta por cento dos participantes eran veciños da vila termal 

O bo tempo e a deportividade dos mozos caracterizaron a cita, segundo os organizadores

Un total de 212 corredores participaron onte pola tarde nas carreiras das categorías inferiores do XXXVI Maratón San Antón Gran Premio Termas de Cuntis. Todos eles, de 1 a 15 anos de idade –distribuídos en bebés, andantes, críos, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes– realizaron percorridos de entre 50 e 2.000 metros polo centro da vila termal.

Ler máis: O XXXVI Maratón San Antón Gran Premio Termas de Cuntis reuniu un total de 212 rapaces na tarde do...

O Balneario de Cuntis inicia mañá venres un programa dirixido a tratar enfermidades respiratorias nos nenos

Axuda a diminuír o consumo de medicamentos, favorece unha boa ventilación bronco-pulmonar e evita crises de asma bronquial

Os pacientes alivian os seus síntomas ao tempo que gozan de actividades lúdicas na piscina terapéutica

O Balneario de Cuntis pon en marcha un programa dirixido a tratar enfermidades respiratorias en nenos de entre 5 e 16 anos. Consiste en combinar técnicas respiratorias realizadas coas augas mineiro-medicinais da vila cuntiense con distintas actividades de tipo lúdico. O tratamento desenvolverase dende mañá venres ata o vindeiro luns 21 de setembro. 

Ler máis: O Balneario de Cuntis inicia mañá venres un programa dirixido a tratar enfermidades respiratorias...

Arredor de 300 rapaces de entre un e quince anos participarán este domingo no XXXVI Maratón San Antón de Cuntis

A carreira, patrocinada polo Balneario de Cuntis, consta de sete categorías con distancias de ata dous kilómetros por terreo urbano 

As carreiras das categorías inferiores da trixésimo sexta edición do Maratón San Antón Gran Premio Termas de Cuntis celebraranse este domingo, día 6. Aprazadas a causa da chuvia durante a proba absoluta do pasado 23 de agosto, terán lugar a partir das 18:00 horas polas rúas da vila termal. 

Ler máis: Arredor de 300 rapaces de entre un e quince anos participarán este domingo no XXXVI Maratón San...