Un cento de parellas celebrarán San Valentín esta fin de semana no Balneario de Cuntis

Os namorados poderán gozar dunha cea-baile que terá lugar o sábado e obterán descontos no aloxamento

As reservas poden realizarse a través do teléfono 986 53 25 25 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O Balneario de Cuntis acolle esta fin de semana a un cento de parellas para celebrar San Valentín. Os namorados gozarán dun tempo inesquecible nun complexo único, rodeado de natureza e encanto.

Haberá dúas ofertas especiais para os clientes. Por un lado, as parellas poderán degustar unha cea con produtos frescos e de calidade, directos do mercado da comarca. O menú inclúe zamburiñas en concha de vieira, lubina con gambas e xarrete de tenreira con milfollas de mazá, setas e patacas asadas. Os pratos acompañaranse de exclusivos viños blancos e tintos, licores, cava e un postre especial de San Valentín. Ao remate, os comensais gozarán dun baile con música a cargo dun DJ e participarán en sorteos de fabulosos agasallos. A cita comezará a partir das 21:30 horas. 

Por outro lado, haberá descontos especiais para o aloxamento no hotel de catro estrelas, con almorzo incluído. Os namorados terán acceso libre ao circuíto lúdico-termal Acquaform e á cea-baile. 

As reservas poderán realizarse a través do teléfono 986 53 25 25 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Nova páxina web

O Balneario de Cuntis estrea páxina web. O novo portal, http://www.termasdecuntis.es/, ofrece novas funcionalidades, unha mellora na navegación e completa información aos usuarios. Está estruturada en sete seccións: balneario, hoteis, servizos, ofertas, eventos, contacto e tenda online. Nela, os clientes poderán realizar un paseo virtual polas instalacións ou coñecer os últimos programas e terapias termais. Ofrece, ademais, a posibilidade de subscribirse a un newsletter para facerse con todas as novidades do complexo termal.