Ábrese o debate para a recuperación das Brañas de Sar a través da xestión sustentable da auga

augaAsí o manifestaron esta tarde na presentación das catro propostas dos alumnos da Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación, dirixidas polo arquitecto Albert Cuchí

Esta acción forma parte do ciclo A auga de Compostela. Patrimonio para unha cidade sustentable, organizado polo Colexio de Arquitectos de Santiago


A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG-Santiago) presentou esta tarde no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) catro propostas para a recuperación das Brañas de Sar e a xestión sustentable da auga urbana de Santiago de Compostela realizadas por alumnos da Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación e desenvoltas baixo a dirección de Albert Cuchí durante o Máster en Renovación Urbana e Rehabilitación da USC (curso 2009/2010).

O Colexio de Arquitectos de Santiago presenta mañá catro traballos sobre a xestión sustentable da auga urbana de Santiago, realizados por alumnos da Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación

cuchiO arquitecto Albert Cuchí,  titor do Máster en Renovación Urbana e Rehabilitación da USC, fará unha breve introdución sobre os proxectos

O acto comezará ás 20:00 horas no CGAC


A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG-Santiago) presenta mañá xoves, 13 de xaneiro, catro propostas para a xestión sustentable da auga urbana de Santiago de Compostela realizadas por alumnos da Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación e desenvoltas baixo a dirección de Albert Cuchí durante o Máster en Renovación Urbana e Rehabilitación da USC (curso 2009/2010). O acto terá lugar ás 20:00 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Un grupo de arquitectos de Santiago, co apoio doutros recoñecidos profesionais, reflexionan sobre o futuro da cidade

Museo_del_AguaEsta análise axudará a concluír se o Camiño de Santiago e Compostela continuarán sendo un referente mundial en 2021

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) colabora coa Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica do Concello de Santiago na celebración dunhas xornadas de reflexión na sede colexial sobre a evolución futura do urbanismo da cidade.

Ler máis: Un grupo de arquitectos de Santiago, co apoio doutros recoñecidos profesionais, reflexionan sobre...

O Colexio de Arquitectos acolle esta tarde a presentación da mostra Galicia en Foco e do número 25 da revista Ferrol Análisis

MarraA exposición recolle 64 imaxes e 17 reportaxes de 40 fotoxornalistas dos medios impresos galegos

O fotógrafo lucense Xosé Marra foi o gañador desta edición cunha fotografía de Feijóo nas festas do San Froilán 2009

ACTO INAUGURACIÓN
-sede COAG. Casa da Conga_A Quintana
-20:00 horas

A sala de exposicións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acolle ata o 11 de xaneiro a vixésima primeira edición da mostra ‘Galicia en Foco’, actividade programada pola Delegación de Santiago, que se inaugurará esta tarde ás 20:00 horas na Casa da Conga. A mostra retracta en impactantes imaxes a realidade máis destacada de Galicia nestes últimos meses.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos acolle esta tarde a presentación da mostra Galicia en Foco e do número 25...

As xornadas bioclimáticas analizan o Libro Branco da Sostibilidade no Planeamento Urbanístico Español co seu autor, José Fariña

Jos_FariaA obra repasa os instrumentos de planeamento para facer fronte ao novo reto do século XXI, a sostibilidade

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) celebrou hoxe un novo relatorio dentro das súas xornadas de arquitectura bioclimática. O arquitecto José Fariña explicou aos asistentes os puntos básicos do Libro Branco da Sostibilidade no Planeamento Urbanístico Español, do que é autor xunto con José Manuel Naredo.