O arquitecto Eduardo Elkouss ofrece esta tarde unha conferencia no Colexio de Arquitectos sobre a accesibilidade urbana para persoas con discapacidade

Eduardo_ElkoussElkouss: “Ciudades como Copenhague, Berlín o Barcelona tienen un alto nivel de conciencia, sensibilidad y respeto por la accesibilidad y las personas con discapacidad”

As xornadas continúan a vindeira fin de semana coa intervención do arquitecto Javier Neila

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia inaugura hoxe a décimo cuarta edición das Xornadas de Arquitectura Bioclimática coa dobre conferencia (venres e sábado) do arquitecto arxentino Eduardo Elkouss, “A cidade-conectividade. Transporte público” e “A cidade-mobilidade. Accesibilidade universal”. O relatorio desta tarde comezará ás 19:00 horas no salón de actos da sede colexial.

A delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos analiza este mes a arquitectura bioclimática desde o punto de vista do planeamento

bio2011Celebraranse nove relatorios no salón de actos do Colexio, que comezarán este venres-4 coa intervención do arquitecto arxentino Eduardo Elkouss

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará durante todo o mes de novembro a XIV edición das Xornadas de Arquitectura Bioclimática. A actividade foi presentada hoxe en rolda de prensa pola presidenta da delegación, Ana Domínguez Laíño; o coordinador das xornadas, Federico López Taetzel; e o seu colaborador, o arquitecto Miguel Serrano. As charlas terán lugar todos os venres, de 19:00 a 21:30 horas, e sábados, de 10:00 a 14:00 horas, no salón de actos do Colexio –Casa da Conga–, excepto un relatorio que se celebrará pola semana, o martes-22 de novembro.

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos entrega esta tarde os premios ás curtametraxes gañadoras do certame Tripomant na Cidade

Time_lapses_2Repartiranse 3.000 euros para o primerio e segundo clasificados e o premio especial do público

A cita será ás 20:30 horas na Fundación Novacaixagalicia de Santiago


A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia celebra esta tarde a entrega de premios do concurso de curtametraxes Tripomant na cidade, con motivo da semana do Día Mundial da Arquitectura. A cita será ás 20:30 horas na sala de conferencias da Fundación Novacaixagalicia- CSM de Santiago.

Ler máis: A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos entrega esta tarde os premios ás curtametraxes...

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos inicia o diálogo social sobre o concurso da estación intermodal

estacionJorge Duarte, decano do Colexio de Arquitectos:
“A estación é un punto fundamental da estrutura urbana pola súa centralidade, que debería resolver conflictos de mobilidade no centro urbano e na súa área metropolitana”

O coloquio sobre o proxecto da estación, que inaugurou hoxe o alcalde de Santiago, forma parte dun ciclo de conferencias sobre temas de interese da cidade


A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia inaugurou hoxe un ciclo de conferencias sobre temas de interese da cidade que contará coa participación de representantes políticos e sociais. A charla inaugural, que se celebrou na sede colexial, versou sobre o concurso para a redacción do proxecto da nova estación intermodal de Santiago.

O concurso de curtametraxes do Colexio de Arquitectos de Santiago, Tripomant na Cidade, premia ás cintas Tripo[wo]man [t]iempos de supervivencia e Time lapses 2

TripoWomanO mércores-5 de outubro, ás 20:00 horas, celebrarase a entrega de premios na sede da Fundación Novacaixagalicia de Santiago

O resultado do certame e os vídeos podense consultar na web www.tripomantnacidade.com


O comité organizador do concurso de curtametraxes Tripomant na Cidade, posto en marcha conxuntamente pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), o estudo de arquitectura k2c arquitectas e a empresa de illamentos Tripomant¬, anunciaron esta mañá o nome dos traballos audiovisuais gañadores do certame. O resultado do concurso e os oito vídeos participantes xa están dispoñibles na web do concurso www.tripomantnacidade.com.