A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos inaugura na Casa da Conga a exposición do proxecto divulgativo da nova arquitectura galega, Metagénesix

nomadaEste catálogo de obras sae do ámbito académico e achégase á sociedade como consumidora e usuaria de arquitectura

Carlos Mosquera e Alberte Pérez, comisarios:

“Nestes tempos aparece unha nova xeración de arquitectos alterada e alternante, formada maioritariamente en Galicia, que xera un gran optimismo pola calidade e cantidade dos seus traballos”

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia acolle esta tarde a apertura da mostra Metagénesix. Nova Arquitectura de Galicia, ás 20:30 horas na sala de exposicións da sede colexial (Casa da Conga. Praza da Quintana, 3). A inauguración será presentada polos membros da Comisión de Cultura da Delegación compostelá, a súa presidenta Idoia Camiruaga e Iván Andrés; e os arquitectos e comisarios da exposición, Carlos Mosquera e Alberte Pérez.

Ler máis: A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos inaugura na Casa da Conga a exposición do...

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos e o CGAC colaboran nun obradoiro infantil sobre arquitectura e urbanismo

Taller_Sen_moverte_do_sofO ciclo Sen moverte do sofá conectará virtualmente a rapaces de distintas cidades españolas que compartirán coñecementos sobre o seu contorno

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAG) coorganizan o obradoiro de arquitectura infantil Sen moverte do sofá. Este taller pretende dar a coñecer conceptos de arquitectura e urbanismo aos máis pequenos de xeito lúdico a través do Sistema de Construcción Lupo.

 

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos organiza esta tarde un debate sobre o conxunto de intervencións propostas para a Casa da Xuventude

casa_xuventudeAna Domínguez Laíño, presidenta da Delegación de Santiago Colexio de Arquitectos:

“É preciso un encaixe co contorno para unha posible recuperación ou unha análise de alternativas futuras en caso de desaparición”

Esta charla forma parte dun ciclo de conferencias, Estratexias de cidade, sobre problemas de territorio, edificación e espazos públicos urbanos

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia celebra esta tarde unha charla-coloquio sobre a “Casa da Xuventude: de Belvís ao Matadoiro”, dentro do ciclo de conferencias de temas de interese da cidade, Estratexias de cidade, que contará coa participación de representantes políticos e sociais. A charla será ás 20:00 horas na delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos (Casa da Conga. Praza da Quintana, 1). Os arquitectos composteláns explican que este ciclo pretende ser o reflexo dos problemas e actividades cidadás en canto á estrutura do territorio, edificios e espazos públicos urbanos aos que pertencen.

Para debater sobre o contorno da Casa da Xuventude e o seu posible derrubamento contarase coa presenza da presidenta da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, Ana Domínguez Laíño; a arquitecta Clara González Gil; o arquitecto Ignacio Cerrada, que foi técnico municipal na época de construción do edificio; e os arquitectos do estudio Carbajo y Barrios, autores dun proxecto sobre a zona que se presentou no congreso A cidade intuída, ademais de representantes das asociacións veciñais.

Segundo Laíño, a Casa da Xuventude é un edificio pouco coñecido pola cidadanía e cun futuro incerto. “Posúe un volume inadecuado, pero con infinidade de posibilidades como edificio de servizos. É preciso un encaixe co contorno para unha posible recuperación ou unha análise de alternativas futuras en caso de desaparición” –indica–.

Ademais, os asistentes falarán das posibilidades de actuación sobre o edificio, a súa apertura ao público, mellora do acceso ao parque de Belvís, liberación do andar baixo, portal de acceso de apertura e peche en horario do parque. Expoñeranse tamén os posibles custos das intervencións de revalorización e de mantemento do servizo. Clara González realizará unha presentación do proxecto inicial e Ignacio Cerrada falará sobre o plantexamento da decisión de derrubamento do Concello de Santiago.

Nesta liña, os asistentes analizarán a opción de demolición para acadar un espazo de entrada ao elemento verde na praza do Matadoiro e a súa reurbanización, tendo en conta os custos das distintas intervencións, a través da proposta de dous arquitectos que xa traballaron con esta perspectiva, Manuel Carbajo e Celso Barrios, presentada no congreso A cidade intuída que se celebrou en 2011.

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos solicita ao Concello unha reflexión profunda sobre Belvís e a Casa da Xuventude antes da súa demolición

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4 /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-qformat:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:11.0pt; font-family:"Calibri","sans-serif"; mso-ascii-font-family:Calibri; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-fareast-font-family:"Times New Roman"; mso-fareast-theme-font:minor-fareast; mso-hansi-font-family:Calibri; mso-hansi-theme-font:minor-latin; mso-bidi-font-family:"Times New Roman"; mso-bidi-theme-font:minor-bidi;}

Asistentes_ao_debateEnviaralle as súas propostas por escrito proximamente

Clara González valorou a capacidade que aínda ten o edificio como contedor de actividades xuvenís

Ignacio Cerrada explicou como o Plan Xeral xa contemplaba a conexión do parque coa praza do Matadoiro, aínda que sen sacrificar o edificio da Casa da Xuventude

Carbajo e Barrios salientaron a necesidade da conexión do barrio de Belvís coa cidade histórica a través do propio parque para revitalizalo, mellorar a súa permeabilidade e accesibilidade

O debate está aberto na zona de Belvís e o barrio de San Pedro. A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia celebrou onte un coloquio sobre a “Casa da Xuventude: de Belvís ao Matadoiro”, dentro do ciclo de conferencias de Estratexias de cidade, onde se tratan temas de interese cidadá sobre territorio, edificabilidade e espazos públicos urbanos.

Ler máis: A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos solicita ao Concello unha reflexión profunda...

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos presenta o segundo concurso de curtametraxes urbanas documentais, de ficción ou animación

tripomant_2Karme García, organizadora do concurso:

“A premisa básica é facer curtas nas que se vexa a cidade, a súa forma de vivir e traballar”

O gañador do certame Tripomant na Cidade 2.0 recibirá 1.500 euros, o segundo premiado obterá 1.000 euros e o premio do público gratificarase con 500 euros


O prazo de entrega dos filmes remata o 31 de xullo e o xurado emitirá o seu fallo o 21 de setembro

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia presentou esta mañá a segunda edición do concurso de curtametraxes Tripomant na Cidade 2.0. No acto estiveron presentes Ana Domínguez Laíño, presidenta da Delegación de Santiago do Colexio; Lisardo de Francisco Domínguez, xerente da empresa de illamentos Tripomant; e Karme García, membro do comité organizador do concurso e arquitecta do estudo k2c arquitectas.

 

Ler máis: A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos presenta o segundo concurso de curtametraxes...