A curtamentraxe de aventuras Tripomant: última línea de defensa gaña o concurso “Tripomant na Cidade”

defensaFíxose co primeiro premio e co galardón do público

O xoves-4 de outubro, ás 19:00 horas, celebrarase a entrega de premios no Centro Sociocultural O Ensanche de Santiago

As sete curtas participantes pódense ver na web www.tripomantnacidade.com

O comité organizador do concurso de curtametraxes Tripomant na Cidade 2.0, posto en marcha conxuntamente pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia, o estudio k2c arquitectas e a empresa de illamentos Tripomant­, anunciou hoxe o nome dos traballos audiovisuais gañadores do certame. Ademais, a organización quere felicitar aos gañadores e agradece a todos os participantes o seu esforzo, destacando a calidade das propostas.

 

 

O obxectivo do concurso é a selección dunha curtametraxe na que se conte coa presenza da cidade, que pode ser documental, de ficción ou de animación, que se desenvolva nun máximo de dez minutos, incluídos os títulos de crédito, e na que ademais saia dalgunha maneira reflictida a empresa Tripomant, os seus produtos, características e a utilización dos seus illamentos ou o logotipo da firma na trama, audio ou imaxes da gravación.

O xurado estivo composto pola secretaria da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia, Mónica Carracedo; o xerente de Tripomant, Lisardo de Francisco; en representación do estudio de k2c arquitectas, Carmen Rey; ademais do gañadores do ano pasado, Carlos di Felice, Marcos Hermida e Jesús Antonio Ben.

Este xurado, partindo duns requisitos mínimos, como a aparición da cidade e de produtos de Tripomant dentro das curtas, valoraron a calidade técnica, argumental e artística dos sete traballos participantes. Na elección dos gañadores, ademais da decisión do xurado, tipo un papel fundamental o voto do público a través de Internet. “A participación do público foi significativa, con 3.415 visualizacións dos vídeos, 418 registros na páxina e 137 comentarios” –indica Carmen Rey–.

Trimpomant: última línea de defensa, gran vencedora do concurso

O primeiro premio foi para Trimpomant: última línea de defensa, unha curtametraxe realizada por Hugo López Morell, de dez minutos de duración, e protagonizada por Miguel Such, Pepe Miravete e Toni Ferri, entre outros. Esta cinta conta as aventuras vividas por un científico coruñés a partir do 15 de agosto de 2012. Cunha chamada telefónica convértese no protagonista dunha fazaña de salvación para todo o planeta, atacado por un meteorito. Un produto de construción e illamento case milagroso, Tripomant, consegue salvar á humanidade. O seu director recibirá 1.500 euros de premio.

O segundo premio, dotado con 1.000 euros, recaeu no traballo El sueño del arquitecto, de  Beatriz Sande. Esta curta (2’45’’) recolle unha serie de edificios antigos que na actualidade albergan usos totalmente diferentes ao orixinal, por exemplo unha antiga escola católica agora reconvertida na UNED; un antigo cuartel de cabalería, hoxe centro cultural; ou unha antiga nave de andares que na actualidade é un invernadoiro.

Finalmente, o premio do público foi para a xa premiada Trimpomant: última línea de defensa, de Hugo López Morell, que recibirá os 500 euros de premio pola votación electrónica.

A entrega de premios e proxección dos traballos a concurso terá lugar o xoves, 4 de outubro, no Centro Sociocultural do Ensanche en Santiago (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16), ás 19:00 horas.