Sete curtametraxes participan na segunda edición do concurso Tripomant na Cidade, respaldado polo Colexio de Arquitectos de Santiago

sueoHai traballos audiovisuais de Girona, A Coruña, Santiago e Madrid

A votación popular, a través da web www.tripomantnacidade.com, estará aberta ata o 20 de setembro

O concurso de curtametraxes Tripomant na Cidade 2.0. da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia abre o prazo para a votación do público a través da súa páxina web www.tripomantnacidade.com, ata ás 14:00 horas do xoves 20 de setembro. O obxectivo do concurso é a selección dunha curtametraxe na que se conte unha experiencia urbana, que pode ser documental, de ficción ou de animación, que se desenvolva nun máximo de dez minutos, incluídos os títulos de crédito, e na que ademais saia dalgunha maneira reflictida a empresa Tripomant, os seus produtos, características e a utilización dos seus illamentos ou o logotipo da firma na trama, audio ou imaxes da grabación.

En canto ao idioma, os traballos están gravados en galego ou en castelán. “Esta segunda edición pretende seguir indagando nas distintas formas de habitar a cidade contemporánea.  A premisa básica é facer curtas nas que se vexa a cidade, a súa forma de vivir e traballar –explicou Carmen Rey, membro do comité organizador do concurso–.

Na elección dos gañadores, ademais da decisión do xurado, integrado por representantes das entidades organizadoras, haberá voto do público a través de Internet. O xurado emitirá o seu fallo o 21 de setembro, día que se fará público o resultado do certame. Os seus criterios de valoración basearanse na calidade e orixinalidade das propostas, que deberán cumprir as condicións técnicas que se recollen na base do concurso e, en particular, a historia deberá desenvolverse nun contorno urbano coa presenza de produtos de Tripomant.

Desde o 13 de agosto xa se pueden ver na páxina web as propuestas presentadas nesta segunda convocatoria do concurso e no apartado de “cortos” estará a votación do público pola súa curta favorita. Concederanse tres premios. O gañador recibirá 1.500 euros, o segundo premiado obterá 1.000 euros e o premio do público gratificarase con 500 euros. A entrega dos premios e proxección dos traballos terá lugar en Santiago de Compostela na semana do 1 ao 5 de outubro.

Curtas participantes

1.     Sin amor… sin vida (4’55’’). Autor: Rubén Barranco

Esta curtametraxe, protagonizada polo actor Mamoudou Diaby, narra a desesperación dun mozo que perdeu o amor da súa noiva Silvia. Xa ao límite o protagonista decide suicidarse colgándose dunha árbore. Nese momento recibe a chamada de Silvia. Todo sucede na vila de Hostalric, en Girona.

  1. El sueño del arquitecto (2’45’’). Autora: Beatriz Sande

Esta gravación recolle unha serie de edificios antigos que na actualidade albergan usos totalmente diferentes ao orixinal, por exemplo unha antiga escola católica agora reconvertida na UNED; un antigo cuartel de cabalería, hoxe centro cultural; ou unha antiga nave de andares que na actualidade é un invernadoiro.

  1. Siempre contigo (3’38’’). Autores: Víctor Gómez e Tania González

Esta é unha curta que amosa a tristeza dunha rapaza que lembra os momentos felices vividos co seu mozo, todo acompañado con imaxes da cidade de Santiago e a súa Alameda.

  1. Mañana me voy (10’). Autores: Gael Herrera e David Pacheco

Este proxecto, protagonizado por Olalla Tesouro, Chema Álvarez, Anxo Tirado e Silvana Moril, conta as aventuras dunha rapaza que traballa en Santiago de Compostela e que non consigue visitar aos seus pais polas moitas actividades da cidade e outros atrancos que atopa polo camiño.

5.     Rooftop (8’18’’). Autor: Pablo Álvarez

Unha parella de mozos, unha chamada telefónica, un viaxe en tren, un hotel. Algúen os recolle para levalos á azotea dun edificio. Alí fan un graffiti.

6. Cinco notas para un recién llegado (2’30’’). Autores: Leyre C. Paniagua, José Luis Rodríguez, Adrián Álvarez e Daniel Fernández

Realizada en Madrid, esta curta explica as distintas sensacións que perturban a felicidade, adicado a un fillo recén nacido: frío polar, perfume, resplandor, repulsión e música.

  1. Tripomant: última línea de defensa (10’). Autor: Hugo López

Protagonizada por Miguel Such, Pepe Miravete e Toni Ferri, entre outros, esta cinta conta as aventuras vividas por un científico coruñés a partir do 15 de agosto de 2012. Cunha chamada telefónica é o protagonista dunha fazaña de salvación para todo o planeta, atacado por un meteorito. Un produto de construción e illamento case milagroso, Tripomant, consegue salvar á humanidade.