A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos solicita ao Concello unha reflexión profunda sobre Belvís e a Casa da Xuventude antes da súa demolición

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4 /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:"Tabla normal"; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-qformat:yes; mso-style-parent:""; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:11.0pt; font-family:"Calibri","sans-serif"; mso-ascii-font-family:Calibri; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-fareast-font-family:"Times New Roman"; mso-fareast-theme-font:minor-fareast; mso-hansi-font-family:Calibri; mso-hansi-theme-font:minor-latin; mso-bidi-font-family:"Times New Roman"; mso-bidi-theme-font:minor-bidi;}

Asistentes_ao_debateEnviaralle as súas propostas por escrito proximamente

Clara González valorou a capacidade que aínda ten o edificio como contedor de actividades xuvenís

Ignacio Cerrada explicou como o Plan Xeral xa contemplaba a conexión do parque coa praza do Matadoiro, aínda que sen sacrificar o edificio da Casa da Xuventude

Carbajo e Barrios salientaron a necesidade da conexión do barrio de Belvís coa cidade histórica a través do propio parque para revitalizalo, mellorar a súa permeabilidade e accesibilidade

O debate está aberto na zona de Belvís e o barrio de San Pedro. A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia celebrou onte un coloquio sobre a “Casa da Xuventude: de Belvís ao Matadoiro”, dentro do ciclo de conferencias de Estratexias de cidade, onde se tratan temas de interese cidadá sobre territorio, edificabilidade e espazos públicos urbanos.

O debate, que se estendeu durante dúas horas, estivo protagonizado por arquitectos e representantes colexiais como o decano do Colexio de Arquitectos, Jorge Duarte; a presidenta da delegación de Santiago, Ana Domínguez, e demais membros da xunta directiva. Tamén asistiron un representante da asociación Compostela Vella e un traballador da Casa da Xuventude. Os presentes na charla comunicaron o seu descontento pola ausencia de representantes municipais.

As conclusións do debate foron firmes e os asistentes manifestaron a súa preocupación polo conflito público provocado pola posible demolición que anunciou o Concello de Santiago. Un dos principais problemas que advertiron os participantes foi o custo económico e enerxético da demolición, moi elevado para os momentos económicos que se atravesan. Outros dos puntos que habería que resolver antes da desaparición do inmoble é a busca dun novo centro para garantir o traslado de servizos. Como alternativa á opción de demolición, a Delegación de Santiago dos arquitectos pon sobre a mesa a posibilidade de realizar cirurxía ao edificio.

Os participantes no debate acordaron pedir tempo para moderar as accións a realizar mediante un escrito que se entregará ao Concello. Outro dos puntos que se formularon foi a posibilidade de poñer en marcha un concurso de ideas para barallar diversas posibilidades e intervencións na zona de Belvís.

Outra proposta foi organizar un debate público sobre a cuestión do derrubamento no propio edifico. Nesta liña, outros asistentes destacaron a necesidade de reflexionar sobre o valor do edificio, como peza da arquitectura da década dos 80, e explicar o edificio aos cidadán mediante visitas guiadas, xa que a maioría dos composteláns non coñecen os interiores da casa. “É prexudicial para o desenvolvemento do espazo público da cidade elixir o camiño das decisións simplistas. A riqueza da trama de Santiago baséase precisamente na súa complexidade” –explicaron representantes da delegación.

O proxecto desde dentro

Para opinar con criterio, a Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos invitou á arquitecta Clara González, filla do autor do proxecto da Casa da Xuventude, Severino González. Un dos primeiros puntos que aclarou foi que o falecemento do arquitecto no lle permitiu dirixir a construción do edificio, que posuía valores a nivel de detalle que se perderon no proceso de levantamento do inmoble. Aínda así, salientou que  os aspectos que se tiveran en conta na redación do proxecto aínda se podían observar na Casa da Xuventude actual. Clara González fixo, durante a súa intervención, un percorrido polo edificio, primerio por dentro e despois de xeito perimetral.

Falou da estrutura do edificio, dividida nunha zona anterior para accesos e relacións administrativas, a intermedia destinada a zona de relación e a posterior para albergar actos públicos. “Esta estrutura fai do seu interior un espazo máis rico e complexo do que a súa opacidade exterior e abandono aparente fan presumir” –indicaron membros da delegación–. Segundo explicou a arquitecta, o deseño xogaba cos tabiques móbiles para dar multifuncionalidade aos espazos.

Coñecida popularmente como a casa rosa, Clara González indicou que inicialmente edificio era branco, con carpinterías en granate ou verde. “O proxecto posúe unha gran luz cenital indirecta e segue a estética das cubertas da cidade de Santiago. Ademais, emprega un sistema de fachadas axeitado ao seu contorno e galerías que rachan con esa fachada, todo para ocultar as traseiras de San Pedro” –explicou–.

Finalmente, Clara González defendeu os valores espaciais do edificio e a súa capacidade para encaixarse nunha posición urbana complicada. Ao mesmo tempo valorou a capacidade que aínda ten a día de hoxe como contedor de actividades xuvenís, e pediu unha reflexión máis ampla sobre o lugar e o propio edificio “antes de proceder sen máis á súa demolición”.

Perspectiva histórica

Para aportar luz á cuestión, outro dos relatores foi o arquitecto Ignacio Cerrada, técnico municipal do Concello nos anos en que se construíu a Casa da Xuventude. Segundo a opinión de Cerrada, Severino González desenvolve o proxecto nunha época complicada para a cidade, xa que é en 1984 cando Santiago de Compostela asume a capitalidade de Galicia. “Existían moitos requisitos de funcionalidade que había que asumir na cidade e desaloxáronse espazos académicos en San Caetano para usos da Xunta de Galicia. Neste contexto caótico, non había pausa para a toma de decisión” –indicou

Cerrada lembrou que nesa época había un planeamento vixente de baixa calidade, que provocaba o deterioro da zona histórica, que só recibira ata a data a Declaración como conxunto histórico de interese nacional en 1941 –non foi ata 1985 cando Compostela obtén a distinción de Cidade de Patrimonio da Humanidade, que outorga a Unesco–.

O arquitecto fixo memoria e apuntou que nos anos 80 o coche era o centro de vida dos cidadáns e “acampaban por todas partes”. Neste contexto, o goberno local dispuxo ofrecer á Administración autonómica unha propiedade municipal, de baixa rendibilidade naquel momento, que foi o espazo do matadoiro. “Así comezou o traballo de Severino González que en 2 ou 3 meses rematou o proxecto” –explicou–.

Cerrada subliñou como o Plan Especial estableceu as bases sólidas e necesarias para a conservación e desenvolvemento da cidade histórica, que no caso concreto de Belvís se expresa na aparición do parque e a súa conexión coa área da Porta do Camiño a través dunha pasaxe peonil que, respectando o edificio da Casa da Xuventude, se abriría cara ás hortas veciñais.

A medio camiño

Noutra liña de opinión, os arquitectos Manuel Carbajo e Celso Barrios expuxeron a opción de demolición da Casa da Xuventude para acadar un espazo de entrada ao elemento verde na praza do Matadoiro. “É un edificio degradado e posto aí polas circunstancias” –salientaron–. Este estudio leva anos reflexionando sobre o barrio de Belvís, e en 2011 presentaron unha proposta para o congreso A cidade intuída en aras de resolver problemas de conexións, mobilidade e tráfico rodado na zona.

Carbajo e Barrios afondaron na necesidade de impulsar a conexión do barrio coa cidade histórica a través do propio parque, para revitalizalo, mellorar a súa permeabilidade e accesibilidade. Tamén destacaron a extrañeza de que o parque acabe nunha zona do matadoiro en “fondo de saco”.