A urbanista Ester Higueras avoga polo control ambiental da periferia para mellorar a “huella ecológica” de Santiago

HiguerasA profesora da ETSA de Madrid intervén o venres e o sábado na sede do Colexio de Arquitectos de Galicia

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia finaliza unha nova edición das xornadas bioclimáticas coa presenza da arquitecta e urbanista Ester Higueras, profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. A súa dobre sesión, de venres tarde e sábado mañá, versará sobre as ordenazas ambientais e as estratexias de planeamento e edificación para Santiago.
Segundo Ester Higueras, o urbanismo bioclimático non xera custos superiores a un proxecto convencional, senón que trata de deseñar a rede viaria, a estrutura de mazás e as formas de parcelas e edificacións seguindo os criterios de sol e vento, para alcanzar o confort térmico tanto dos espazos exteriores como dos residentes.

"En Santiago, las medidas más eficaces se encuentran en redactar ordenanzas ambientales. Una ordenanza ambiental consiste en introducir criterios bioclimáticos de obligado cumplimiento en los textos normativos del plan general –explicou–. Desta forma a ordenanza induce a unha solución bioclimática de todas as parcelas do solo urbano”.

Higueras apunta que o reto da sostibilidade non se vai resolver deseñando ecobarrios illadamente. “Es clave la regeneración de la ciudad consolidada, sobre todo introduciendo la eficiencia de redes, incentivando las soluciones bioclimáticas, adecuando los espacios públicos a las necesidades de cada lugar” –manifesta–.

Na recuperación de Brañas de Sar, a arquitecta indica que actualmente o control ambiental da periferia é clave, “ya que puede ayudar a mejorar considerablemente la huella ecológica de Santiago de Compostela” –manifesta–. Como exemplo, Higueras apunta que os usos máis aconsellables estarían relacionados con parques agrícolas (como os do Baix Llobregat en Barcelona), cinturóns solares (como o que se quere propoñer en Vitoria), e desde logo, a interacción campo-cidade segundo os requirimentos culturais, sociais e lúdicos do século XXI.

Enerxía solar na urbanización de polígonos industriais

En relación á urbanización de polígonos industriais latentes como o novo da Sionlla, Higueras sostén que a maior oportunidade para estes polígonos é convertelos en espazos xeradores de enerxía solar fotovoltaica. “Reúnen importantes ventajas, grandes superficies, propietario único, gestión eficaz, etcétera, y de esta forma resolverían el impacto de las huertas solares gracias a la generación de energía limpia allí donde aparecen altos consumos” –indica.

Higueras aclara que tamén é posible o deseño bioclimático de polígonos industriais, mellorando a súa eficiencia mediante redes de calor conxunta e unha xestión integrada.