A padronesa Cortizo presenta a súa intervención na fachada dun edificio con lamas de protección solar en aluminio

mensaxeriaA obra forma parte da nova corporación dunha empresa de mensaxería en l’Hospitalet de Llobregat

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia continúa coa celebración das XIV Xornadas de Arquitectura  Bioclimática. A sesión de hoxe venres, ás 19:00 horas na sede do Colexio, ten como protagonistas a dúas empresas colaboradoras das xornadas: Cortizo, que centra o seu negocio nos sitemas de aluminio para a arquitectura, e Soler & Palau, especializada en ventilación.
Os encargados de dar a conferencia sobre os produtos de Cortizo serán Domingo Brión, director do departamento de Arquitectura e Ingeniería, e Jorge Álvarez, arquitecto e coordinador de Red TSAC.

A súa intervención centrarase na presentación dunha nova obra que están a desenvolver en l’Hospitalet de Llobregat (Barcelona). Trátase da nova sede corporativa dunha empresa de mensaxería que se atopa en fase de obra, e está ubicada no Distrito Económico do municipio catalán.

Segundo explican os responsables de Cortizo, o inmoble, deseñado polo arquitecto Frederic Crespo, é un edificio rectangular de cinco plantas, con espazos amplos e diáfanos. “Este edificio pretende converterse nun exemplo e referente de sostibilidade aplicada á arquitectura, ao contar con materiais sostibles como un aluminio 100% reciclable ” –indican–.

Refrixeración interior do edificio mediante lamas


Brión explica que o produto máis espectacular que empregaron no edificio foi a lama microperforada de proteccion solar, unha pala de aluminio de 450 milímetros que xira sobre o seu propio eixe.

É un sistema móbil de lamas de aluminio de extrusión que permite a regulación da luz para conseguir aforros na refrixeración interior do edificio, debido á creación de zonas de sombra reducindo a incidencia enerxética. “O edificio terá 1.400 lamas, das que 250 aproximadamente contarán cunha cobertura de mimbre” –apuntan–.

Ventilación segundo o CTE


Por outra banda, o enxeñeiro técnico industrial e responsable do servizo de asesoría técnica de Soler & Palau, Joan Pessarrodona, falará da problemática da ventilación nas vivendas. Este especialista no ámbito da aplicación do Código Técnico da Edificación (CTE) en ventilación, exporá a relación dos factores que deben terse en consideración no momento do deseño dunha instalación, co obxecto de asegurar que a ventilación dun edificio sexa correcta e se adecúe ao novo CTE no referente aos documentos básicos HS3 e SI3.

Explicou estes novos criterios da la ventilación, tanto en vivendas unifamiliares como en plurifamiliares, así como en almacéns de residuos, trasteiros e aparcadoiros, onde hai que ter en conta as problemáticas principais de instalacións en lugares subterráneos.