Arquitectos composteláns deseñan a carta bioclimática dun edificio da cidade

Javier_NeilaJavier Neila, arquitecto: “Realizaremos un análisis del clima y del uso del edificio, para obtener un climograma del bienestar”

As xornadas continúan a vindeira fin de semana coas intervencións de representantes de Sistemas Cortizo, da empresa S&P e do INEGA


A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia prosegue hoxe coa celebración das XIV Xornadas de Arquitectura Bioclimática. A sesión contará coa participación do arquitecto e catedrático da Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, Javier Neila. Nos talleres do venres e sábado, os asistentes deseñarán unha carta bioclimática para Santiago, en base á actividade dun edificio ficticio situado nalgún punto da cidade e dos seus posibles ocupantes.
Elaborarase unha guía de benestar onde se destacarán as necesidades de radiación solar, ventilación ou outros sistemas de enfriamento para a vivenda. “Esta carta bioclimática sobre Santiago debe incluir un análisis exhaustivo de la constucción del edificio. Se tendrán en cuenta la condición contextual geográfica y su relación con la edificación, el clima, las condiciones ambientales del lugar, el perfil del usuario de la vivienda, la descripción formal del inmueble y su sistema constructivo, además de las estrategias bioclimáticas contenidas en la edificación” – apuntou Neila–.

Tendo en conta as características do edificio e dos seus habitantes obteranse as pautas para o deseño da guía. “Realizaremos un análisis del clima y del uso del edificio, ofreciendo las pautas para su diseño bioclimático. “Obtendremos un climograma del bienestar del edificio en Santiago” –indicou Neila–¬.

Clima, arquitectura e seres vivos

Para Neila, a arquitectura bioclimática é un concepto claro na súa orixe, que establece unha relación entre clima, arquitectura e seres vivos. “La arquitectura bioclimática representa el empleo y uso de materiales y sustancias con criterios de sostenibilidad. Representa el concepto de gestión de energía óptima de los edificios de alta tecnología, mediante la captación, acumulación y distribución de energías renovables pasiva o activamente, y a integración paisajista y empleo de materiales autóctonos y sano” –explicou o experto–.

Segundo Neila, os principios bioclimáticos deben aparecer como un hábito na construción e non como “una rareza o una excepción”. O arquitecto apunta que sempre hai que falar de boas prácticas e boa arquitectura, e non de arquitectura singular. “Las buenas prácticas deben tener como objetivo la calidad del ambiente interior, buenas condiciones de temperatura, humedad, movimiento y calidad del aire, y la reducción de los efectos negativos sobre el entorno” –explicou Neila–.

Especialista en bioconstrución

Javier Neila é doutor arquitecto, imparte docencia no departamento de construción e tecnoloxía arquitectónicas da Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid desde hai 30 anos, como catedrático da universidade onde ocupou diversos postos de xestión universitaria. Ademais, é director do Máster en Medio Ambiente e Arquitectura Bioclimática, do que se celebraron 19 edicións con máis de 500 alumnos xa titulados.

Ten máis de 50 publicacións sobre temas de acondicionamento, benestar, enerxía, sostibilidade e arquitectura bioclimática. É o investigador principal responsable do grupo de investigación ABIO, co que realiza consultarías e asesorías bioclimáticas. É responsable de varios proxectos pioneiros en España, con varias patentes de ecoconstrución nas súas mans. Neila é un dos principais especialistas españois en bioconstrución e un dos máximos investigadores na materia, que desenvolveu, por exemplo, a primeira cuberta ecolóxica do país.

As xornadas de arquitectura bioclimática continuarán a próxima semana coa conferencia dos representantes de Sistemas Cortizo, o relatorio de Joan Pessarrodona de S&P, e un membro do Instituto enerxético de Galicia (INEGA). A cita será o venres-18, ás 19:00 horas, e o sábado-19 ás 10:00 horas na sede do Colexio de Arquitectos de Galicia.