O arquitecto Eduardo Elkouss ofrece esta tarde unha conferencia no Colexio de Arquitectos sobre a accesibilidade urbana para persoas con discapacidade

Eduardo_ElkoussElkouss: “Ciudades como Copenhague, Berlín o Barcelona tienen un alto nivel de conciencia, sensibilidad y respeto por la accesibilidad y las personas con discapacidad”

As xornadas continúan a vindeira fin de semana coa intervención do arquitecto Javier Neila

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia inaugura hoxe a décimo cuarta edición das Xornadas de Arquitectura Bioclimática coa dobre conferencia (venres e sábado) do arquitecto arxentino Eduardo Elkouss, “A cidade-conectividade. Transporte público” e “A cidade-mobilidade. Accesibilidade universal”. O relatorio desta tarde comezará ás 19:00 horas no salón de actos da sede colexial.
A súa intervención centrarase na problemática da mobilidade e accesibilidade nas cidades. Elkouss argumenta que hai entre 60 e 80 millóns de persoas con discapacidade na Unión Europea, cifra que aumentará considerablemente a medida que se produce un avellentamento poboacional. “En el año 2020 se prevé que una cuarta parte de la población tendrá más de 60 años de edad. Hay que señalar que el 70% de las personas con discapacidad se encuentran en este grupo de edad” –explica o arquitecto.

Para abordar o tema da accesibilidade de maneira sistemática e rigorosa Elkouss recopilou e investigou todo o material posible a partir de publicacións, artigos e comentarios nos medios de comunicación, cursos de accesibilidade, a través de Internet ou de institucións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Unión Internacional de Arquitectos e os distintos organismos nacionais para a discapacidade específica. Ademais, o arquitecto arxentino visitou moitas cidades (Edmonton, Copenhague, Berlín, Curitiba e Barcelona) onde se entrevistou cos responsables das políticas de accesibilidade. O resultado desta investigación foi aplicado nos diversos espazos públicos das cidades.

O traballo de Elkouss ten un contido denso e conceptual, coa intención de establecer un marco de referencia teórico para a comprensión da complexa interrelación das áreas urbanos coa accesibilidade, a discapacidade e os transeúntes.

“He tratado de unificar los esfuerzos innovadores de planificación urbana, arquitectura, sistemas de transporte y comunicaciones alternativas, teniendo en cuenta las contribuciones valiosas a partir de disciplinas como la sociología, la psiquiatría, la educación, la pedagogía, psicología, derecho y antropología” –indica Elkouss.

Cidades accesibles


O experto en accesibilidade realizou un profundo traballo de investigación en cinco cidades: Edmonton, Copenhague, Berlín, Curitiba (Brasil) e Barcelona. Segundo Elkouss, o denominador común de todas estas cidades accesibles é que o seu proceso de planificación desenvolveuse ao longo de 15 anos, espazo de tempo durante o cal os seus habitantes, o goberno local, arquitectos e outros profesionais, ademais das asociacións de persoas discapacitadas, colaboraron continuamente en obxectivos comúns.  “En todos estes casos hay un alto nivel de conciencia, sensibilidad y respeto por la accesibilidad y las personas con discapacidad” –apunta Elkouss.

En Edmonton (Canadá), o sistema de Pedway é un plan integral de toda a información sobre a accesibilidade á cidade e pode utilizarse como guía.o.

En Copenhague (Dinamarca), case todas as persoas van a traballar en transporte público, bicicleta ou a pé. O transporte público e a liberación de prazas de aparcadoiro para peóns e ciclistas foi un gran éxito. “El Metro de Copenhague es, hoy en día, el mejor ejemplo de la accesibilidad del transporte subterráneo” –explica Elkouss.

Berlín (Alemaña) logrou grandes melloras na accesibilidade dos espazos públicos e edificios desde a reunificación en 1989.

A cidade brasileira de Curitiba logrou a transformación dunha cidade típica latinoamericana nun dos melloores exemplos no mundo da accesibilidade en espazos públicos para persoas con discapacidade. A rede de autobuses está totalmente integrada e accesible. As diferentes liñas ofrecen servizos regulares con rutas especíticas para estudantes, discapacitados, pacientes de hospitais e mesmo turistas. “Uno puede llevar a 270 pasajeros por autobús, en su propio carril bus, a una velocidad máxima de 60 km. por hora” –destacou Elkouss.

En Barcelona, coa chegada da democracia a España, implantouse unha nova política de accesibilidade en espazos e edificios públicos, proceso que continuou anos despois coa chegada dos Xogos Olímpicos de 1992 e a redacción dun Plan Integral de Accesibilidade Municipal. Desde entón aplicáronse boas solucións de accesibilidade no Barrio Gótico, zona Olímpica e

no espazo urbano do porto. O novo tranvía, que data de 2004, é tamén un bo exemplo de accesibilidade, con facilidade no acceso á estación e vagóns d para todo tipo de usuarios.

As xornadas de arquitectura bioclimática continuarán a próxima semana coa conferencia do arquitecto Javier Neila, catedrático de Construción e Tecnoloxía Arquitectónica da Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, un dos principais especialistas españois en bioconstrución e un dos investigadores que desenvolveu a primeira cuberta ecolóxica do país. A cita será o venres-11 ás 19:00 horas e o sábado-12 ás 10:00 horas na sede do Colexio de Arquitectos de Galicia.