A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos entrega esta tarde os premios ás curtametraxes gañadoras do certame Tripomant na Cidade

Time_lapses_2Repartiranse 3.000 euros para o primerio e segundo clasificados e o premio especial do público

A cita será ás 20:30 horas na Fundación Novacaixagalicia de Santiago


A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia celebra esta tarde a entrega de premios do concurso de curtametraxes Tripomant na cidade, con motivo da semana do Día Mundial da Arquitectura. A cita será ás 20:30 horas na sala de conferencias da Fundación Novacaixagalicia- CSM de Santiago.

O evento, presentado pola xornalista da TVG Ana Pérez, contará coa asistencia da presidenta da Delegación de Santiago do Colexio, Ana Domínguez Laíño; o responsable do  departamento técnico da empresa Tripomant; Lisardo de Francisco Domínguez; e as representantes do comité organizador do concurso e arquitectas do estudo k2c arquitectas, Karme García e Carmen Rey.

Ao comezo do acto proxectaranse as curtametraxes participantes. O primeiro premio foi para Tripo[wo]man [t]iempos de supervivencia, un traballo realizado por Carlos di Felice e Marcos Hermida na Coruña, que centrou o seu argumento no percorrido dunha muller vagabunda polas rúas da cidade. Recibirán 1.500 euros. O segundo premio, dotado con 1.000 euros, recaeu na cinta Time lapses 2, de  Jesús Antonio Ben, montada con imaxes aceleradas do ensache de Santiago de Compostela.

Finalmente, o premio do público foi para a xa premiada Tripo[wo]man [t]iempos de supervivencia, de Carlos di Felice e Marcos Hermida, que recibirán unha gratificación de 500 euros.

O obxectivo do certame foi seleccionar curtametraxes onde se contaran experiencias urbanas,  documentais, de ficción ou de animación. Como condición para poder participar no concurso, as cintas gañadoras reflectiron na súa gravación o logotipo e produtos da empresa Tripomant.