Os arquitectos Emiliano López e Luis Martínez Santamaría falan no COAG-Santiago sobre a construción de vivendas sociais

Emiliano_Estas conferencias englóbanse dentro dun proceso de reflexión sobre a evolución do urbanismo en Santiago ata 2021 que culminará co congreso A cidade intuída no mes de marzo

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) colabora coa Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica do Concello de Santiago na celebración dunhas xornadas de reflexión na sede colexial sobre a evolución futura do urbanismo da cidade ata 2021. Esta tarde celebrouse unha dobre sesión de conferencias, da man dos arquitectos Emiliano López e Luis Martínez Santamaría que explicaron varias das súas obras e proxectos.
Esta reflexión servirá para concluír se a situación no próximo Xacobeo de 2021 marcará a diferenza entre seguir sendo un referente mundial durante esta metade de século ou pasar a ser unha máis das moitas cidades turísticas que existen. Será o punto de inflexión para constatar se a cidade e o Camiño de Santiago sobreviven ao éxito actual coa autenticidade e calidade desexables.

Esta actividade enmárcase dentro dun programa de reflexión sobre o urbanismo da cidade de 2010 a 2021, que culminará coa celebración no próximo mes de marzo dun congreso, “Compostela 2021, A Cidade Intuída”.

Vivendas sociais imaxinativas para a xuventude

O primeiro en intervir esta tarde foi o arquitecto Emiliano López que falou da relación entre a viveda e a cidade. O arquitecto explicou a relación existente entre os espazos comunitario e a vivenda. “Los espacios comunitarios se encuentran a caballo entre lo privado y lo público en un contexto global”. Exemplificou esta idea  a través de dous dos seus proxectos en Barcelona: unha vivenda pública para a xuventude no barrio de San Andreu e unha vivenda privada no Ensanche da cidade catalá.

En concreto, López expuxo os detalles do proxecto público de San Andreu, composto por 27 vivvendas de protección ofical de aluguer para os máis novos, co que a súa socia Mónica Rivera e máis el conseguiron en 2008 o Premio FAD de Arquitectura.

Este proxecto concebiuse poñendo especial interés ás cualidades espaciais do interior das vivendas. Tamén a ventilación e iluminación natural estiveron garantizadas pola distribución interior.

A zona principal de estar colocouse na fachada sur-este, co fin de cumprir co decreto local de eco-eficiencia (decreto que pide que o 80% das vivendas dispoñan de polo menos unha hora de sol directo na sala de estar de 10:00 a 14:00 horas no solsticio de inverno). Para recuperar unha tradición barcelonesa os arquitectos colocaron unha pequena galería no extremo sur do salón. No verán, debido á verticalidade da incidencia solar, a galería transfórmase nun balcón. En definitiva, este conxunto de vivendas foron creadas para facilitar a interacción social e a idea de comunidade.

Emiliano López naceu en Arxentina en 1971 e creceu en Barcelona. É arquitecto pola Escola Tècnica Superior d'Arquitectura del Vallès desde 1996. En 1997 obtivo o Master "Historia, Arte, Ciudad r Arquitectura" pola Universitat Politèctina de Catalunya ETSAB e en 1999 o  Master de Arquitectura (M.Arch II) pola Harvard University Graduate School of Design (Becado polo Real Colegio Complutense de Madrid). É profesor asistente de arquitectura da UPC en Vallés, foi profesor colaborador na Escola de Arquitectura da Univesitat Rovira i Virgili en Reus, na Universitat Internacional de Catalunya e en Elisava Escola de Disseny. Entre 2004-2007 foi profesor adxunto da Universidade de Calgary (Canadá) como co-director do Programa de Arquitectura de Barcelona. Actualmente está escribindo a súa tese doutroral sobre o edificio Married Students Dormitories de Harvard de Josep Lluís Sert.

Emiliano López e Mónica Rivera comezaron a traballar xuntos en Barcelona en el 2001, centrando a súa práctica de arquitectura en obra pública a través de concursos, xunto con encargos privados.

Construción en ladrillo

A seguinte hora estivo protagonizada pola obra do arquitectos madrileño Luis Martínez Santamaría, que ofreceu un relatorio sobre a relación entre a vivenda e a idea de casa. Segundo Santamaría, a casa é o elemento maís importante da arquitectura, pola súa “idea de fogar onde perdura a vida”.

O obxectivo común a estes tres proxectos de vivenda de protección pública foi construír vivendas que simulen ser máis grandes do que en realidade son, intentando dar o máximo en situación complexas. Para expoñer este concepto deu constancia de tres das súas moitas obras de protección pública: vivendas en Sigüenza (Guadalajara), viviendas en Mocejón (Toledo) e vivendas en Ciudad Pegaso (Madrid). O proxecto de 27 vivendas de protección pública en Mocejón foi o gañador do X Premio de Arquitectura con Ladrillo 2007/2009. O máis destacado foi o traballo de investigación sobre as diferentes texturas que permite o ladrillo, multiplicando a capacidade expresiva do material.

Luis Martínez Santa-María é profesor de Proxectos Arquitectónicos da ETSA da Universidade Politécnica de Madrid