A empresa OCV presenta un captador solar de alta eficiencia fabricado en Galicia de gran rendemento, calidade e respecto polo medio ambiente

captadorEsta tarde, o COAG-Santiago acollerá tamén un relatorio sobre caldeiras de condensación que permiten aforrar na factura do gas e contaminar menos

O sábado intervirá nestas xornadas o arquitecto José Fariña para falar do Libro Branco da Sostibilidade no Planeamento Urbanístico Español, a partir das 10:00 horas


A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) celebra desde hoxe a terceira sesión das Xornadas de Arquitectura Bioclimática, que este ano alcanzan a súa décimo terceira edición. Esta tarde dous membros da empresa pontevedresa OCV, Soluciones Solares, Rafael Domínguez e Rafael Calvo, ofrecerán un relatorio centrado na exposición de varios dos seus sistemas térmicos e aplicacións en diferentes obras. A conferencia celebrouse ás 19:00 horas no salón de actos do COAG (Casa da Conga, 3. Praza da Quintana).
Presentarán un captador solar de alta eficiencia (o máis eficiente fabricado en España e un dos máis eficientes de Europa) fabricado integramente en Galicia. OCV é un dos poucos fabricantes de captadores de España, ao dispoñer da liña de soldadura coa tecnoloxía máis avanzada que lle permite fabricar o compoñente máis tecnolóxico do captador solar, o absorbedor. Este fabrícase tras dous procesos de soldadura moi complexos: brazing e soldeo por ultrasonidos. Este proceso estase realizando na planta de Cambados.

Todos os compoñentes do captador son específicos para uso solar, e moitos deles foron utilizados por primeira vez por OCV, por exemplo a la de vidrio ou antifogging. Ademais, estes compoñentes son completamente reciclables.

Na exposición desta tarde, Rafael Calvo fará unha presentación do captador estrela da empresa, o R4-2000-U, facendo mención as súas bondades, características principais e aplicacións. Rafael Domínguez exporá aos asistentes diversas instalacións realizadas co captador, entrando nos aspectos tecnolóxicos das instalacións e os principais criterios de deseño das mesmas, sobre todo desde o punto de vista da arquitectura e enxeñería.

Sistemas de condensación


A continuación, ás 20:30 horas, intervirá o enxeñeiro alemán do Grupo Cliber  Christoph Kleeberger, para falar sobre confort e calefacción nas vivendas, enunciando o principio de funcionamento da súa condensación. Segundo Kleeberger nos fumes procedentes dunha combustión existe unha proporciíon de vapor de auga que contén enerxía. “Esta enerxía, que nunha caldeira convencional se expulsa pola cheminea a case 200ºC, é recuperada a través dun intercambiador, convertindo o vapor en auga e transformándoo nunha enerxía adicional; e unha vez que se aproveita o calor latente dos fumes, estes saen pola cheminea a uns 55ºC” –indicou Kleeberger. Así, o rendemento sobre o poder calorífico interior deste tipo de caldeira supera o 109%, o que se traduce nun importante aforro na factura de gas e uns niveis de emisións contaminantes extremadamente baixos.

As caldeiras de condensación, que o Grupo Cliber comercializa como de Remeha, son un produto indicado para calquera tipo de instalación de calefacción e auga quente sanitaria, independentemente da temperatura de traballo, tipo de emisores, etc. Non obstante, existen aplicacións nas que se potencian aínda máis os beneficios deste tipo de caldeira, onde por motivos de confort os emisores traballan a menor temperatura ou, sinxelamente, onde se necesitan sistemas pouco contaminantes con obxetivos ecolóxicos. O emprego dunha caldeira de condensación en instalacións de solo radiante é unha aplicación idónea, posto que ao traballar a baixa temperatura o rendemento será maior e a caldeira non sufrirá problemas de condensacións non controladas.

As xornadas de arquitectura bioclimática continuarán mañá a partir das 10.00 e ata as 14.00 horas coa intervención do arquitecto José Fariña, que realizará unha análise do Libro Branco da Sostibilidade no Planeamento Urbanístico Español.