Un sistema de microcoxeración permite autoproducir enerxía eléctrica e térmica nunha vivenda unifamiliar

Domingo_BrinChristoph Kleeberger: “A calefacción e auga quente sanitaria nunha casa supón o 60% da enerxía utilizada”

A empresa Cortizo centrou o seu relatorio nun traballo en Cantabria onde se aportaron solucións construtivas con sitemas de captación de enerxía e de protección solar para conseguir aforro de recursos enerxéticos


A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) continuou hoxe coa segunda xornada bioclimática, composta por dúas sesións informativas, ás 19:00 e ás 20:30 horas.
En primeiro lugar, dous membros da empresa Aluminios Cortizo, o director de Arquitectura e Enxeñería, Domingo Brión, e a responsable de Cortizo-Formación, Inés Rey, ofreceron un relatorio sobre a arquitectura bioclimática low cost. Expuxeron un caso práctico, un traballo que desenvolveu a empresa no Parque Científico y Tecnológico de Cantabria (PCTCAN) en 2009. Actuaron en dous edificios xemelgos destinados a albergar empresas de informática da industria automobilística. A construción estaba composta por unha fachada cerámica que permitía moita entrada de calor, pero que en determinadas épocas do ano sufría sobrequencemento.

“Realizamos unha serie de estudos para determinar que produtos eran os máis axeitados e concluímos que o ideal era unha fachada ventilada que permitise o quecemento pero sen esixir máis refrixeración interior; tamén un lucernario de dúas augas no centro do edificio para fomentar o aforro enerxético coa luz natural” –explicou Brión. Ademais, os enxeñeiros de Cortizo decidiron instalar na parte exterior do lucernario unhas lamas elípticas de protección solar para evitar o sobrequecemento nos meses de verán.

Autoxeración de enerxía e climatización en edificios


A continuación, tocoulle o turno ao enxeñeiro alemán Christoph Kleeberger para falar sobre enerxías renovables, coxeneración e climatización nos edificos. Fixo un repaso polo abano de enerxías renovables dispoñibles para climatizar edificios, ofrecendo unha revisión polas vantaxes e desvantaxes de cada tecnoloxía: xeotermia, biomasa, solar térmica ou MicroCoxeneración.

Segundo Kleeberger hai grandes oportunidades no sector doméstico para aforrar en gastos de funcionamento, aproveitando o potencial da eficiencia enerxética e as enerxías renovables. “Tanto en obra nova como en reforma, a calefacción e auga quente sanitaria (ACS) dunha vivenda supón ao redor do 60% da enerxía utilizada. Esta enerxía provén do gas natural e outros combustibles derivados do petróleo” –explicou Kleeberger. Neste punto, o experto indicou que é posible autoproducir enerxía eléctrica e térmica mediante a “microcoxeración” en edificios particulares. “A técnica baséase en utilizar a calor que se produce ao converter a enerxía dun combustible en electricidade, á vez como fonte de enerxía” –indicou.

Para todos estes usos a eficiencia enerxética puede ser incrementada amplamente e as enerxías renovables poden ser facilmente aproveitadas mediante o uso de tecnoloxías simples e efectivas.

Christoph Kleeberger é Enxeñeiro Industrial Superior, titulado en Alemaña na especialidade de "Tecnoloxías enérxeticas". Estivo traballando máis dun ano en investigación no seu país,  e fa sói tres que chegou a Santiago. Agora é xefe de Produto (Product Manager) para enerxías renovables do Grupo Cliber.