A arquitecta Myriam Goluboff propón solucións cotiás para controlar o consumo de enerxía derivado do aumento da poboación nas cidades

Goluboff: “Podemos resolver os problemas con novos criterios de xestión da Myriam_Goluboff_Schepsenerxía, auga e residuos”

Os relatorios de mañá venres estarán protagonizados por dous membros da empresa Cortizo, Domingo Brión e Inés Rey, e polo enxeñeiro Christoph Kleeberger


A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) inaugura hoxe a décimoterceira edición das Xornadas de Arquitectura Bioclimática coa conferencia da arquitecta Myriam Goluboff, “Problemas a escala global, solucións a escala local”.
A súa intervención centrouse nos problemas a escala global que derivan dun aumento dramático da poboación urbana. “Nun lapso tan curto de tempo é imposible garantizar a continuación dos antigos hábitos de utilización dos recursos naturais, o que nos está a levar a unha situación de crise, xerándose problemas graves a escala global” –explicou Goluboff.

Tendo en conta esta barreira natural dos recursos, a arquitecta apuntou que tamén inflúen en gran medida as diferencias económicas, culturais e sociais das distintas rexións. “Este aspecto fai moi difícil abordar o conflicto a unha escala ampla” –indicou.

Como alternativa Goluboff propón solucións a escala local, máis controlable e comprensible. Afirma que se poden utilizar experiencias de novas formas de resolver os problemas relativos ao hábitat, plantexando novos criterios de xestión da enerxía, da auga, dos residuos e, mesmo, abordar conflictos de convivencia a nivel social.

Myriam Goluboff é unha arquitecta arxentina que na actualidade traballa como profesora na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, como titular da materia Arquitectura e Ambiente, asignatura de libre elección no Departamento de Proxectos e Urbanismo.

As xornadas de arquitectura bioclimática continuarán mañá venres, a partir das 19:00 horas, coa intervención do director de Arquitectura e Enxeñería de Cortizo, Domingo Brión, e a responsable de Cortizo-Formación, Inés Rey, que ofrecerán un relatorio sobre a arquitectura bioclimática low cost; e de seguido o enxeñeiro alemán Christoph Kleeberger falará sobre enerxías renovables, cogeneración e climatización nos edificos