O Colexio de Arquitectos de Santiago abordará este mes a construción bioclimática cunha serie de xornadas dirixidas por diversos expertos
- Detalles
- Categoría: Arquitectos de Santiago
- Published: Martes, 02 Novembro 2010 16:57
- Visitas: 713
Celebraranse oito relatorios no salón de actos do COAG, comezando este xoves-4 ás 19:00 horas coa intervención da arquitecta Myriam Goluboff
A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) celebrará durante todo o mes de novembro a XIII edición das Xornadas de Arquitectura Bioclimática. A actividade foi presentada hoxe en rolda de prensa polo presidente da delegación, Jorge Duarte; o tesoureiro, Miguel Serrano; e o coordinador das xornadas, Federico López Taetzel. As charlas terán lugar todos os venres, de 19:00 a 21:30 horas, e sábados, de 10:00 a 14:00 horas, no salón de actos do COAG –Casa da Conga¬–, excepto esta semana, que de forma excepcional e debido á visita do Papa, adiántase ao xoves-4 e venres-5.
No marco destas xornadas, numerosos profesionais e expertos de distintas disciplinas e profesións reflexionarán sobre as posibilidades e solucións bioclimáticas na arquitectura actual. O coordinador das xornadas, o arquitecto Federico López Taetzel, indicou que nesta décimoterceira edición as xornadas terán, por unha parte, un carácter teórico e global, e por outra serán de tipo técnico. “Varios expertos explicarán as diversas solucións técnicas que existen para resolver problemas arquitectónicos que xorden na actualidade”–indicou Taetzel.A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) celebrará durante todo o mes de novembro a XIII edición das Xornadas de Arquitectura Bioclimática. A actividade foi presentada hoxe en rolda de prensa polo presidente da delegación, Jorge Duarte; o tesoureiro, Miguel Serrano; e o coordinador das xornadas, Federico López Taetzel. As charlas terán lugar todos os venres, de 19:00 a 21:30 horas, e sábados, de 10:00 a 14:00 horas, no salón de actos do COAG –Casa da Conga¬–, excepto esta semana, que de forma excepcional e debido á visita do Papa, adiántase ao xoves-4 e venres-5.
O coordinador da iniciativa define a arquitectura bioclimática como un intento de volver a pensar os edificios utilizando criterios de sempre, que foron desaparecendo como consecuencia da incorporación nos edificios de equipamento técnico produto do avance tecnolóxico. “É preciso defender o aproveitamento enerxético na edificación e na formación dos arquitectos” –indicou Taetzel.
A temática abordarase desde unha perspectiva local e global, relacionando continuamente os novos procesos arquitectónicos co medio ambiente. Intervirán nos relatorios a arquitecta Myriam Goluboff (xoves-4); Domingo Brión e Inés Rey da empresa Cortizo (venres-5); o enxeñeiro Christoph Kleeberge (venres-5); o arquitecto Carlos Expósito do estudio Alia Arquitectura (venres-12 e sábado-13); os enxeñeiros Ramón Rodríguez e Joaquín de Diego (venres-19); o arquitecto José Fariña (sábado-20); e os arquitectos Teresa Batlle e Felipe Pich-Aguilera (venres-26 e sábado-27).