CineCidade continúa mañá mércores coa proxección da coprodución franco-estadounidense “New York, I love you”

cartelA cinta narra varias historias de amor en direfentes barrios da cidade

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) está a celebrar esta semana o ciclo de cine CineCidade, baixo o subtítulo Sobreviventes. Para a cita cinematográfica de mañá o comité organizador do ciclo ten programa a proxección do filme “New York, I love you”, na Aula de Cultura de Caixa Galicia ás 21:00 horas, con entrada gratuíta.
New York, I love you é un filme refrescante e moi dinámico dirixido por un grupo de directores, moitos deles noveis nesta faceta da dirección cinematográfica como Natalie Portman e Scarlett Johansson. A película convida aos espectadores a penetrar na intimidade das vidas dos neoiorquinos.

Tras un grande abano de personaxes (unha prostituta, un home de negocios, unha discapacitada ou unha parella de anciáns) a cinta narra distintas historias de amor que transcorren nos barrios máis variados da cidade fetiche do celuloide. En Manhattan, Chinatown, Central Park, Greenwich Village, Tribeca ou en Brooklyn, entrelázanse todas as tramas das parellas, tendo como protagonistas de fondo o amor e a cidade de New York.

Para consultar información completa sobre o ciclo, o Colexio de Arquitectos de Santiago creou unha web con sinopse, cartel, trailer, fotografías e demais material gráfico de cada unha das películas que se proxectarán ao longo desta semana (www.cinecidade.es).